Melias, San Miguel de
Melias, San Miguel de
Igrexa parroquial situada en Coles. Construíuse en estilo románico arredor do s XII e tivo certa relación co mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, xa que a súa casa reitoral pertenceu a un pequeno convento dependente daquel. De planta única, conserva a fachada orixinal, cunha portada de tímpano liso, enmarcado por un arco de medio punto apuntado e varias arquivoltas que apoian sobre capiteis decorados con motivos vexetais. Na parte superior abriuse unha seteira e enriba un van en forma de óculo. Remata cunha espadana de dous vans que fai a función de campanario.