"Mir" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 483.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción nobre situada en Santa María de Donramiro (Lalín). Foi edificada no s XVI e reformouse no XVIII. Ten planta rectangular e dous pisos. A solaina cuberta eríxese sobre piares e percorre o lateral do edificio; accédese a ela por medio dunha escaleira exterior. A portada principal está formada por un arco de medio punto e conserva un brasón que alude ás familias Suárez de Deza, López de Lemos e Salgado.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Lalín. De orixe románica, reformouse no 1654. No 1119 Xoán Díaz e María Luci, a súa dona, doáronlla á Igrexa de Lugo. Ten planta de cruz latina con dúas capelas laterais aos lados da nave. O primeiro tramo da nave pertence á primitiva igrexa e a cabeceira e as capelas laterais son barrocas. No interior, conserva restos dun baldaquino de pedra e un arcosolio cun sepulcro que se identificou co do conde Ramiro, aínda que a vestimenta do xacente é a propia dun eclesiástico que pode ser o fundador do templo barroco ou un párroco da igrexa. Conserva a fachada da primitiva construción románica. A portada está formada por dous pares de columnas acobadeladas, con capiteis e bases engadidos posteriormente, que sustentan o tímpano, formado por unha dobre arquivolta tórica e enmarcado por un arco carpanel que se apoia nas xambas. Sobre os ábacos das columnas interiores sitúase unha lousa que pertenceu ao primitivo tímpano; este ten esculpido dúas rosetas con cruces no centro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ucraíno. A súa obra literaria afronta o burocratismo e critica o sistema do período stalinista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor ruso. Nacionalizado estadounidense, foi coñecido co pseudónimo de Duke Vernon. Compuxo cancións, ballets, sinfonías e concertos de estilo neoclásico.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Óptico. Licenciouse en Ciencias Físicas e Exactas na Universidad de Madrid en 1934 e doutorouse, xa rematada a Guerra Civil, na mesma universidade en 1943. En 1945 obtivo a cátedra de Óptica. Desenvolveu de forma simultánea a docencia e a investigación, que centrou na termoloxía, na electricidade, no magnetismo e nas estruturas cristalinas. Descubriu, xunto con J. M. Otero Navascués, a miopía e a presbicia nocturnas. Foi director xeral de Enseñanzas Técnicas, director do Instituto de Estudios Nucleares, presidente da Real Sociedad Española de Física y Química, cofundador e vicepresidente da Junta de Energía Nuclear, membro do Comité Científico Técnico da Comisión Nacional de Investigacion del Espacio e asesor do Instituto Nacional de Técnica Aeronáutica. Trala súa xubilación en 1983 dedicouse á elaboración do Vocabulario Técnico y Científico publicado pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales en 1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Estar unha persoa ou animal nun estado de repouso durante o que se suspende a consciencia e os sentidos. Na tradición oral recóllense ditos como: “A moito durmir, menos vivir. Anque na cama non durma o ollo, descansa o óso. Benia o mal que con durmir se cura. Cando non tiña, tranquilo durmía; e agora que teño, durmo con medo. Canto se deixa de durmir, gáñase de vivir. Dous que dormen nun xergón, vólvense da mesma opinión. Rapaz que vela e vello que dorme, sinal é de morte”.
-
Pasar a noite nun lugar para repousar.
-
Manter relacións sexuais con outra persoa.
-
Descoidar a realización dalgunha actividade, asunto ou deber.
-
Permanecer algo inmóbil e sen actividade.
-
Facer durmir a alguén.
-
Anestesiar a alguén.
-
Adormecerse unha parte do corpo, especialmente as extremidades.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome, posiblemente, de orixe xermánica, composto de athal ‘nobre’ e o gótico mereis, latinizado en mirus ‘célebre, nomeado, ilustre’. Presenta as variantes Delmiro e Delmira, e os hipocorísticos Miro, Miruca e Demi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eduard Schmid.
-
PERSOEIRO
Historiador das relixións. Estudiou filosofía na Universidade de Bucarest e en 1928 trasladouse á India, onde foi discípulo de Surendranath Dasgupta e aprendeu alí sánscrito e filosofía india. Á volta doutorouse en Filosofía (1933) e publicou Yoga: Essai sur l’origine de la mystique Indienne (Ioga: ensaio sobre a orixe da mística india). Profesor asistente na Universidade de Bucarest (1933-1939), impartiu filosofía hindú e historia das relixións. Arrestado pola súa vinculación coa Garda de Ferro, destinárono posteriormente ás embaixadas de Londres e Lisboa (1941-1944). Despois da Segunda Guerra Mundial trasladouse a París e traballou como profesor visitante na École des Hautes Études da Sorbonne (1946). Profesor visitante de historia das relixións na University of Chicago (1956), converteuse en profesor titular ao ano seguinte. Fundou as revistas Zalmoxis (1939-1940-1944), Antaios (1961-1972) e History of Religions (1961). Entre as súas obras científicas destacan Traité d’histoire des...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Príncipe, xefe militar ou gobernador nos países islámicos. Na súa orixe designaba o líder dos musulmáns e coa aparición do sultán empregouse para designar os descendentes de Mahoma, os príncipes e oficiais do exército e os gobernadores de provincias que tiñan mando sobre as tropas. Entre as súas atribucións incluíanse a organización das tropas e o mantemento da disciplina, a supervisión da moeda e os impostos, e a vixilancia do establecemento do Islam nos países conquistados. Posteriormente, os xefes das tribos turcas adoptaron este título.
-
-
Título que posúen os príncipes membros das familias reais nos países islámicos.
-
Soberano dun emirato.
-
-
-
-
Dignidade ou cargo de emir.
-
Duración do goberno dun emir.
-
Territorio gobernado por un emir. Algúns deles acadaron a independencia do califa, como o emirato independente de Córdoba no 756. O nome perdurou nalgúns estados árabes independentes como Qatar, Kuwait e os Emiratos Árabes Unidos.
-
-
ENTRADA LARGA
Federación de sete estados independentes da costa oriental da Península Arábiga. Limita ao N con Qatar e o Golfo Pérsico, ao L con Omán e o golfo de Omán, e ao S e O con Arabia Saudí (83.600 km2; 2.900.000 [estim 2000]). Esténdese entre os 27° e os 22° de latitude N e os 51° e os 57° de lonxitude L. A capital é Abū Zabī.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo ondulado é na súa maior parte desértico, con escasos oasis e wadis (leitos de ríos secos e pedregosos). Na liña costeira, por mor da escasa profundidade da auga, fórmanse numerosas illas coralinas e bancos de area. O clima é desértico, moi árido e con temperaturas elevadas.
Medio ambiente
A fauna e flora é a típica de dunas, chairas salinas e oasis, onde destacan pola súa singularidade e escaseza, algúns mamíferos como o antílope arábigo e o caracal. Na costa, as praias intercálanse con enseadas, onde aparecen formacións de mangleiros, que constitúen importantes puntos... -
-
ir algo ou alguén a menos.
-
Recollerse na intimidade dos pensamentos propios.
-
-
PERSOEIRO
Poeta e folclorista checo. Especializouse no folclore do seu país e recompilou cancións, contos e proverbios. Da súa produción destaca Prostonárodni české písně a řikadla (Cancións e coplas populares checas, 1864) e Stropostonárodnich pohádek a pověstí slovanských (Cen contos populares e lendas eslavas, 1865). Compuxo poesía baseada na tradición popular que, posteriormente, inspirou a escritores e músicos, como A. Dvořak e Pablo Neruda.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Manexar unha arma para ameazar ou atacar con ela a alguén.
-
Empregar algo como defensa en beneficio ou en contra de algo ou alguén.
-
-
CAPITAIS
Capital do il homónimo de Turquía, situada na costa do Mar Exeo, no golfo de Esmirna (2.081.556 h [1997]). É o segundo porto comercial do país, despois de Istambul. A refinería de petróleo e o sector téxtil son as súas principais industrias. As escavacións arqueolóxicas permiten datar os primeiros habitantes no III milenio a C, aínda que foi no 1500 a C cando a cidade recibiu unha forte influencia hitita. Habitada desde o s XI a C por gregos eolios, foi destruída no s VII polo rei lidio Aliates. Despois da conquista de Alexandre o Grande, foi reconstruída e converteuse nunha das cidades gregas máis importantes de Anatolia. Durante a época romana constituíuse nun dos centros de difusión do cristianismo. En época bizantina foi conquistada polos turcos e posteriormente polos hospitalarios, os chipriotas e os soldados papais. En 1922 ocupárona as tropas gregas e abandonárona tralo Tratado de Lausanne (1923). Do seu patrimonio cultural destacan os xacementos arqueóloxicos de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Turquía, na rexión de Mármara e nas costas do Mar Exeo (12.263 km2; 2.700.100 h [1990]). A capital é Esmirna.
-
-
Relativo ou pertencente a Esmirna ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Esmirna.
-
-
-
de esmirrarse.
-
Persoa moi fraca e débil.
-