"OCR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 295.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización xuvenil unitaria creada en Vigo a comezos do ano 1962 por iniciativa dos militantes de CNT Víctor Francisco Cáceres e Jaime Garrido Vila. Integraba mozos simpatizantes do anarquismo e do marxismo. Logo dalgúns actos de propaganda na cidade en apoio das folgas obreiras de Asturias e de Euskadi, foi desartellado pola policía no outono do mesmo ano, trala detención dos seus membros máis significados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Campo dentro da lingüística diacrónica e da lexicoloxía histórica, que mide o tempo pasado entre os estadios dunha lingua por medio de formas que son identificables etimoloxicamente, ou ben que tenta determinar os cambios lingüísticos para establecer os sistemas léxicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción de fotografías en cores naturais.
-
-
olume de eritrocitos en relación ao volume sanguíneo total. Este valor está comprendido entre o 40 e o 50% e varía segundo o sexo e a idade.
-
Aparato centrifugador que permite a separación dos corpúsculos sanguíneos do plasma.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno metabólico que se caracteriza por unha absorción excesiva e crónica de ferro a nivel intestinal con depósito do metal nos tecidos, especialmente do fígado, que sofren cambios na súa estrutura e función. É a causa da cirrose hepática, dunha pigmentación cutánea amarela e da diabete. Pode ser primaria, cando vén xeneticamente determinada ou secundaria cando se debe a outras causas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico liberal editado en Santiago de Compostela a partir do 21 de abril de 1820. Cesou a súa edición en outubro dese ano (nº53). Saía todos os martes e venres dos obradoiros tipográficos de Campaña e Aguayo. Fundado e dirixido por Antonio B. Fandiño, incluía artigos de carácter satírico dirixido aos políticos, feito que motivou a suspensión da edición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cromatina transcricionalmente inactiva que presenta alta condensación durante a interfase e que se replica ao final da fase S do ciclo celular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á heterocromatina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de condensación da cromatina en heterocromatina, que implica a perda da actividade dos xenes implicados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diferencia na cor do iris dun ollo, ou cor diferente entre os ollos dun mesmo individuo.
-
-
Aplícase á fotometría que compara cores diferentes.
-
Aplícase ás cores que ao estar comparadas en dous planos contiguos dan sensacións de cor diferentes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cromosoma que presenta unha medida, unha forma e un comportamento diferentes dos outros cromosomas do xenotipo. É o cromosoma que caracteriza e determina o sexo. OBS: ; Tamén se denomina cromosoma sexual ou alosoma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ocorre a intervalos desiguais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á textura hipocristalina dalgunhas rochas porfíricas nas que a relación de fenocristais a pasta oscila entre 5/3 e 3/5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina política segundo a que o poder debe estar en mans da caste sacerdotal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bebida que se fai con viño, canela, azucre e outras especias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á corola gamopétala de tubo longo e estreito pero de lóbulos manifestos e despregados.
-
PERSOEIRO
Médico. Foi o primeiro que separou a ciencia da relixión, pero tivo uns notables precedentes como a escola siciliano-pitagórica (con Alcmeon de Crotona), a escola atomista de Demócrito e outras individualidades (como Eurifonte de Cnidos) que rivalizaron cos médicos de Cos. Respecto ás obras que lle son atribuídas, o Corpus Hippocraticum (440-350 a C), cómpre sinalar que non hai nada que leve a súa sinatura e que unha análise crítica evidencia e fai postular unha pluralidade de épocas e de autores. Trátase dun conxunto de sesenta traballos, escritos en prosa e en dialecto xónico, que probablemente formou parte dunha biblioteca médica (a de Cos?). Con todo, semella unha hipótese válida o feito de defender a paternidade hipocrática dalgúns tratados. Mal sagrado constitúe o primeiro volume da edición completa de Hipócrates na fundación Bernardo Médico. Hipócrates fixou o carácter natural de todas as enfermidades e a teoría de catro humores. A gran prevalencia da ética na súa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Emprendeu a organización sistemática das matemáticas e investigou a cuadratura do círculo e a duplicación do cubo. Tamén fixo algunhas investigacións astronómicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou petencente a Hipócrates e á súa doutrina.
-
Sistema médico que conviviu tradicionalmente na Europa rural xunto a biomedicina e a medicina bruxo-relixiosa. Forma parte da antiga medicina natural de tipo humoral (fronte á científica) e baséase na doutrina dos catro elementos e dos catro humores, das catro substancias corporais máis parecidas á terra, á auga, ao aire e ao lume: a bile negra (atrabile e melancolía), a flegma, o sangue e a bile (bile amarela e cólera). Os médicos hipocráticos asocian a bile negra co bazo, como a terra; a flegma, co líquido acuoso que sae polo nariz e que procede -segundo a súa crenza- do cerebro; o sangue, co aire, porque o transporta desde os pulmóns ao corazón e deste a todo o corpo para refrixeralo; e a bile, o líquido que se acumula na vesícula biliar, co lume, pola súa cor amarela. A medicina humoral é realmente unha forma de filosofía, a parte correspondente á bioloxía e á medicina dunha concepción do mundo que considera o Universo formado polos mesmos catro elementos...
-
Xuramento recollido no Corpus Hippocraticum que se basea nos preceptos de Hipócrates ou da súa escola. Pénsase que, na Antigüidade clásica, todos os que querían exercer a medicina estaban obrigados a pronuncialo. Polo seu alto espírito humanista, foi adoptado como guía ética pola profesión médica.
-