hemocromatose
hemocromatose
(< hemo- + cromatose)
s
f
[PAT]
Trastorno metabólico que se caracteriza por unha absorción excesiva e crónica de ferro a nivel intestinal con depósito do metal nos tecidos, especialmente do fígado, que sofren cambios na súa estrutura e función. É a causa da cirrose hepática, dunha pigmentación cutánea amarela e da diabete. Pode ser primaria, cando vén xeneticamente determinada ou secundaria cando se debe a outras causas.