hemodiálise

hemodiálise

(

s f [MED]

Técnica de depuración sanguínea extrarrenal que consiste en sacar o sangue do enfermo e facer que circule polo interior dunha máquina, o hemodializador, onde se separan as substancias nocivas contidas en exceso no sangue por difusión a través dunha membrana semipermeable. Unha vez que o sangue está limpo, devólvese ao paciente. Emprégase en casos de insuficiencia renal aguda ou crónica terminal e que suple as funcións de eliminación de líquido retido, excreción de solutos e regulación do equilibrio ácido-base e electrolítico.

Palabras veciñas

hemocromatose | hemocultura | hemoderivado | hemodiálise | hemodializador | hemodializar | hemodilución