"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

  • Institución especializada das Nacións Unidas creada en 1957 que se ocupa de problemas de interese internacional no eido da enerxía nuclear. A súa principal encomenda é promover a investigación da enerxía nuclear e da aplicación de radioisótopos en medicina, agricultura, hidroloxía e na industria. Ten a súa sede en Viena e pertencen a ela 116 estados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Inicialmente combinou pintura e escultura. Influído polo Minimalismo, o Construtivismo e por actitudes como as de Beuys e Oteiza, a súa obra expresa o xogo de tensións entre as formas simples, o móbil e o estático. En 1990 estableceuse en Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á comarca do Baixo Miño ou aos seus habitantes.

    2. Habitante ou natural do Baixo Miño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor e director. Iniciou os estudios musicais no Conservatorio Superior da Coruña; posteriormente trasladouse a Madrid onde realizou Composición e Dirección de Orquestra. Director da Escola Municipal de Música de Chantada (1990-1991), dirixiu a súa Banda Municipal, a Orquestra de Cámara e a Orquestra de vento do Conservatorio de Ourense (1992-1998) e dende 1999 a Orquestra Municipal de Aguiño. Dende 1992 exerceu como profesor de Harmonía e Análise Musical no Conservatorio de Ourense. Colaborou na elaboración de libros didácticos de práctica instrumental aplicada á linguaxe musical como Entonación y Práctica Instrumental, 1995). Entre as súas composicións destacan: Comenzo (suite orquestral) e Fuxidio (para grupo de metais).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi xefe da policía de Montevideo (1931), vicepresidente (1934) e ministro de Defensa (1935). Elixido Presidente da República (1938-1943) proxectou a revisión da Constitución de 1934 e apoiou ás potencias aliadas na Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de música e director de bandas militares. Dirixiu o coro, a banda e a orquestra do Centro Galego de Montevideo, e organizou a programación musical da cidade nalgunhas temporadas. Desempeñou o cargo de director do Orfeón da Casa de Galicia (1917). Foi quen mellor difundiu a obra do seu irmán Xosé Baldomir, estreándolle a famosa balada Meus amores e a zarzuela Santos e Meigas. Rematou a súa carreira musical como pianista polos locais nos que se proxectaban películas de cine mudo, formando dúo co violinista Mariano Sábat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor pertencente ao chamado nacionalismo musical galego. Digno representante da música romántica galega, é coñecido fundamentalmente polas súas pezas para canto e piano inspiradas en textos de poetas galegos. Foi director de orfeóns (El Eco e El Brigantino) e de diferentes orquestras coruñesas. En 1941 foi nomeado membro numerario da Real Academia Galega. Colaborou en traballos folclóricos como a recollida de temas populares galegos para os Cantos y bailes populares de España, de José Inzenga, e para o Cancionero musical popular español, de Felipe Pedrell. Foi autor da ópera inédita A Virxe do Cristal (baseada na lenda de Curros), da zarzuela Santos e Meigas (con libreto de Manuel Linares Rivas) e de obras instrumentais e, de preto de 40 cancións estilo lied (aínda que interpretadas tamén en versión coral). Así mesmo, as composicións que obtiveron máis sona foron Cómo foi?, con texto de Curros Enríquez, Maio longo, con...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na parroquia de Guísamo (Bergondo). Foi fundado polo rexedor perpetuo de Santiago Diego de Ribera Taibo sobre unha casa preexistente da súa propiedade, a construción inicial correu de man do arquitecto Benito de Monteagudo (1702). De planta cadrada, foi reformado posteriormente pois a fachada actual é de estilo neoclásico, presentando dous arcos a regra de cantería e ventás con balcón no primeiro andar. No lado leste existe unha pequena capela coa súa espadana barroca. No escudo da fachada vense as armas dos Ribera, Soutomaior, de la Torre, Caamaño, Leis, Taibo e Ponte. Incendiado hai uns anos, hoxe en día atópase en estado ruinoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi catedrático de Anatomía Patolóxica da Universidad de Mendoza e director de Saúde Pública da Patagonia. En 1936 emigrou a Arxentina onde fundou, xunto con Gumersindo Sánchez, o Sanatorio da Avellaneda e organizou o laboratorio de Anatomía Patolóxica do Centro Galego de Bos Aires. Entre 1956 e 1959 presidiu a AGUEA (Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas). Foi membro do equipo de dirección da editorial Citania. Escribiu artigos en galego como “Galeguismo, folklore, política e bioloxía” ou “Isaac Díaz Pardo” e, baixo o pseudónimo de Luís Estévez, colaborou na revista bonaerense Galicia emigrante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi profesor de Anatomía, Patoloxía e Cirurxía (1932), e director do Sanatorio Baltar (1934-1963) e do Gran Hospital, ambos en Santiago de Compostela. Estudiou o ambiente histórico e médico do s XVIII na obra Opúsculos médicos gallegos del siglo XVIII (1961). Así mesmo, referiuse á relación entre Castelao e a medicina, como reflicten o artigo “Castelao médico” e a obra Castelao ante la medicina, la enfermedad y la muerte (1979), onde se recollen algunhas das ilustracións de temática médica realizadas por Castelao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria constituída no ano 1963 coa finalidade principal de facilitar o comercio entre os países socialistas. O capital do banco estaba formado polas achegas dos países fundadores, entre os que se contan: Unión Soviética, a República Democrática Alemana, Checoslovaquia, Polonia, Hungría, Bulgaria, Romanía e Mongolia, aos cales se adheriron Cuba (1974) e Vietnam (1977). Antes da súa existencia, este comercio organizábase mediante acordos bilaterais, de xeito que cada parte entregaba o mesmo que recibía. A rixidez deste sistema fixo que xa dende 1957 se procurase establecer un sistema de cambios multilaterais no que tan só as importacións totais de cada país igualarían as exportacións totais. Dese xeito, creouse unha oficina de compensación en Moscova de escaso resultado práctico. A creación do BIEC supuxo un novo intento de aplicación sistemática das relacións multilaterais. Cando un país exporta, o banco abona o importe na súa conta e cárgao na conta do país importador. O único...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo o artigo 4. 2. da Constitución Española, aprobada en 1978, os estatutos das respectivas comunidades autónomas poderán recoñer bandeiras e enseñas propias. Non existe un modelo homoxéneo para as 19 autonomías españolas, senón que cada unha segue modelos diferentes: Asturias, Madrid, Murcia, Navarra e Melilla son monocromas; Aragón, Illes Balears, Catalunya e a Comunitat Valenciana seguen o modelo tradicional catalano-aragonés de varias faixas amarelas e vermellas; as restantes comunidades empregan distintas cores na composición das súas bandeiras aínda que difiren na disposición. A bandeira de Andalucía está composta por tres faixas horizontais da mesma anchura: a primeira e a terceira verdes e a segunda branca. A bandeira de Aragón está composta por nove faixas horizontais da mesma anchura, alternando a cor amarela nas impares e a vermella nas pares, e sobre elas un escudo acuartelado con coroa ducal que leva no primeiro cuartel, unha árbore de sinople, sobre campo de ouro; no segundo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo dominicano. Discípulo de Melchor Cano e de Pedro de Soutomaior, foi comentarista de Tomé de Aquino, mestre de Teoloxía en Alcalá, en Valladolid e en Salamanca e confesor (1561-1567) de santa Teresa de Jesús. Enfrontouse ao molinismo, sobre todo nas ideas da premonición física e a gracia, que afirmaban que Deus impulsaba a vontade humana a pasar ao acto libre. Tivo un papel importante na controversia de auxiliis entre dominicanos e xesuítas. Escribiu numerosas obras filosóficas e teolóxicas, algunhas delas aínda están inéditas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e dourador. En 1668 por encargo da confraría da Nosa Señora da Concepción realizou traballos de pintura e dourado no retablo da Inmaculada, situado no lado do Evanxeo da capela maior da igrexa conventual de San Francisco de Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo, político e avogado. Doutorouse en Dereito nas universidades de Sevilla e Madrid. Estivo ligado á ILE (Institución Libre de Enseñanza) e no 1929 foi director do Museo Pedagógico Nacional. Apoiou as teses de Azaña para laicizar o ensino e militou no Partido Radical-Socialista. Foi ministro de Instrución Pública durante a Segunda República (1933-1934) e membro do padroado da Universitat Autònoma de Barcelona (1933). Ao remate da Guerra Civil exiliouse en México. Baseou toda a súa pedagoxía no coñecemento da evolución biolóxica dos nenos e defendeu o concepto de paidoloxía como ciencia integral do neno ao abranguer as perspectivas biolóxica, psicolóxica e pedagóxica. É autor de Fuentes para el estudo de la paidología (1917), Paidología (1918), Influjo de la psicología en la pedagogía francesa (1921) e El desenvolvimiento del niño (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento asinado en outubro de 1930 por representantes do Nacionalismo, do Republicanismo e do Agrarismo galegos nunha xuntanza celebrada no pazo de Barrantes, en Ribadumia. Tiñan como finalidade fixar unha serie de obxectivos comúns como a liquidación do caciquismo e do centralismo, a consecución da autonomía plena de Galicia e a consolidación dun réxime político que emanase da soberanía popular; tamén pretendía a cooficialidade do galego e do castelán, a galeguización do ensino e a liberalización da terra e do labrego. Entre os asinantes figuraban Castelao, Otero Pedrayo, Casares Quiroga, Portela Valladares, Basilio Álvarez e Peña Novo, entre outros persoeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aparellador. Traballou na Catedral de Santiago de Compostela en 1670 na construción da torre das campás.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á clase dos basidiomicetos.

    2. Fungo pertencente á clase dos basidiomicetos.

    3. Clase de fungos caracterizada pola formación de basidiosporas, actualmente substituída por tres clases: fragmobasidiomicetos, homobasidiomicetos e teliomicetos, englobadas baixo a subdivisión basidiomicotina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subdivisión de fungos caracterizados por producir as esporas no exterior dunha célula fértil denominada basidio. As esporas preséntanse no extremo de pequenas puntas denominadas esterigmas. As esporas despois da súa liberación caen por gravidade ao estar o himenio dirixido cara a abaixo. A subdivisión basidiomicotina engloba as clases dos fragmobasidiomicetos, homobasidiomicetos e teliomicetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao efecto de desprazamento dunha banda de absorción nunha rexión de lonxitude de onda máis longa, provocado por un auxocromo ao ser introducido nunha molécula.

    VER O DETALLE DO TERMO