"Ondo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 187.

  • División territorial administrativa da Igrexa Católica. Establecida no s IX, a diocese de San Martiño de Mondoñedo, foi sé dos bispos ata que en 1112, sendo bispo Nuno Afonso, unha bula da Raíña Urraca trasladou a diocese a Vilamaior, que despois cambiou o nome polo de Mondoñedo. En 1182 o bispo Rabinato trasladou a sé a Ribadeo; o bispo Martiño (1219-1248) levouna definitivamente a Mondoñedo e comezou a construción da nova catedral. A súa xeografía sufriu algunhas modificacións. Adquiriu a súa configuración definitiva en 1955, cando anexionou algunhas parroquias da diocese de Lugo e perdeu outras fronte a esta. O Papa Xoán XXIII estableceu a dobre capitalidade da diocese, Mondoñedo e Ferrol, e concedeulle o título de concatedral á igrexa de San Xulián de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de tripas e bandullo dos animais cando se abren, especialmente do porco.

    2. zorza.

    3. Conxunto de chourizos, longaínzas e outros embutidos que se poñen a curar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés. Debutou en 1734 como violinista no Concert Spirituel, que dirixiu entre 1735 e 1762. Escribiu ópera, numerosas obras relixiosas, motetes e concertos para violín. Da súa produción destacan Pièces de clavecin en sonates (1734), Les sons harmoniques (1738), Triton et l’Aurore (1753) e Thésée (1765).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista, conde de Floridablanca. Doutor en Leis pola Universad Pontificia de Salamanca, foi nomeado fiscal de asuntos criminais do Consello de Castela (1766), a instancias do conde de Aranda. Foi embaixador en Roma (1772) e conseguiu a extinción da Compañía de Xesús (1773), recibindo como recompensa o título de conde de Floridablanca. Foi nomeado secretario de Estado (1777) e impuxo uns criterios de reformismo moderado. Desde a súa creación en 1787, dirixiu a Xunta de Estado. Alarmado pola Revolución Francesa, a partir de 1790 iniciou unha forte reacción, especialmente na censura e na represión contra os reformistas máis destacados. En 1792 foi destituído, desterrado, encarcerado polo conde de Aranda e procesado; pero Godoy, ao subir ao Goberno, absolveuno das responsabilidades políticas (1794-1795).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Padrenda baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Padrenda. Construíuse durante o s XVII, no lugar onde antigamente se atopaba un mosteiro de monxes bernaldos. Consta dunha única nave, con capela maior e cuberta con bóveda de madeira, o mesmo que a sancristía. No interior, destacan os retablos, que mesturan elementos barrocos da primeira metade do s XVIII e manieristas, de comenzos do s XVII, así como a imaxe de san Pedro portando as chaves, un libro e a cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e escritor militar italiano, príncipe de Montecucoli. Conseguiu os cargos máis importantes nas guerras do Sacro Imperio Romano-Xermánico: a Primeira Guerra Nórdica (1658-1660) e, sobre todo, a guerra contra os turcos (1661-1664). Escribiu diversos tratados, dos que destaca Della guerra col Turco in Ungheria (1670).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bióloga. Profesora da Universidade de Santiago de Compostela, forma parte do departamento de patoloxía animal da facultade de veterinaria de Lugo. É coautora dos libros Moluscos hospedadores intermediarios de Protostrongylidae ovinos (1986) e Índice-Catálogo de Zooparásitos Ibéricos (1995), e autora da publicación Estudio experimental de especies Helicidae (Mollusca Stylommatophora) de León como hospedadores intermediarios de Protostrongylidae (Nematoda, Metastrongylidae) ovinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo da catedral de Mondoñedo inaugurado en 1969. Está situado entre a catedral e o palacio episcopal. Os seus fondos constan, tanto de obxectos relacionados coa liturxia, como de restos arqueolóxicos, ourivaría, tapices, mosaicos, retablos, pinturas ou esculturas, cunha cronoloxía que abrangue ata o s XX. Na planta alta conta coa reconstrución das estancias episcopais, cunha capela do s XI e un despacho dun bispo do s XVI; e na superior co dormitorio do bispo Luján do s XVI. Pertence ao Consello Galego de Museos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo parroquial situado nas dependencias da igrexa parroquial de San Martiño de Mondoñedo (Foz), inaugurado en 1977. Os seus fondos están compostos por obxectos e roupas litúrxicas, imaxes e moedas anteriormente gardadas na igrexa e na casa reitoral. Destaca un báculo do s XI e un anel de ouro do s VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de arte situado en Londres. A súa orixe remóntase á adquisición por parte do goberno inglés (1823), da colección do xudeu ruso J. J. Angerstein. Foi instalada desde 1838 no edificio de W. Wilkins en Trafalgar Square e considérase un dos museos máis ricos en pintura occidental desde o prerrenacemento italiano ata o postimpresionismo francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Ondo, Nixeria, situada ao SO da capital, Akure, na chaira costeira (153.500 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Nixeria (20.959 km2; 4.343.230 h [estim 1995]). A súa capital é Akure.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que rexistra fenómenos periódicos, especialmente correntes eléctricas ou tensións, sobre unha folla de papel fixada nun disco que xira a unha velocidade sincrónica coa frecuencia do fenómeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se emprega para medir lonxitudes de onda ou frecuencias de ondas radioeléctricas. Consta esencialmente dun circuíto oscilante cunha frecuencia que pode ser axustada mediante un condensador variable calibrado. Poden ser de resonancia, de absorción, o de Armagnat, o de Ferrie e heterodinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tubo de gas enrarecido que serve para detectar a presenza dunha diferenza de potencial e recoñecer o seu sentido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Orbán (Vilamarín). Ten planta irregular con patio exterior. Conserva a capela pegada ao edificio principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Abelenda (Avión) e Xesta (A Lama). O seu cumio acada os 989 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Río (Vilamarín). O seu cumio acada os 512 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO