Moñino Redondo, José

Moñino Redondo, José

Estadista, conde de Floridablanca. Doutor en Leis pola Universad Pontificia de Salamanca, foi nomeado fiscal de asuntos criminais do Consello de Castela (1766), a instancias do conde de Aranda. Foi embaixador en Roma (1772) e conseguiu a extinción da Compañía de Xesús (1773), recibindo como recompensa o título de conde de Floridablanca. Foi nomeado secretario de Estado (1777) e impuxo uns criterios de reformismo moderado. Desde a súa creación en 1787, dirixiu a Xunta de Estado. Alarmado pola Revolución Francesa, a partir de 1790 iniciou unha forte reacción, especialmente na censura e na represión contra os reformistas máis destacados. En 1792 foi destituído, desterrado, encarcerado polo conde de Aranda e procesado; pero Godoy, ao subir ao Goberno, absolveuno das responsabilidades políticas (1794-1795).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Murcia

  • Deceso

    Lugar : Sevilla