"Orro" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 157.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Culleredo baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Culleredo. No seu interior alberga a capela maior románica do s XII, con ábsida rectangular e arco triunfal de medio punto, así como un retablo do escultor Xosé Ferreiro que representa a Transfiguración (1774). En 1793 efectuáronse reformas na nave e na fachada. En 1850 colocouse no exterior un cruceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Foi membro da CNT coruñesa e un dos alicerces da reorganización do Sindicato de Industria del Tabaco Nueva Aurora (1930). Membro da corrente máis moderada da Federación Local Obrera, integrou en diversas ocasións a súa directiva, colaborando activamente no semanario Solidaridad Obrera. Na Segunda República Española formou parte do Partido Sindicalista e exerceu como secretario do Centro de Estudios Sociales Germinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiadora da arte. Foi profesora na Universidade de Santiago de Compostela, dirixiu a sección de arte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e foi membro do Comité Español de Historiadores del Arte. Formou parte do consello de redacción da revista Cuadernos de Estudios Gallegos. Escribiu numerosos artigos, dos que destacan “A arte dos séculos XVII e XVIII” (1980) eLas murallas de Compostela en los siglos XVI y XVII” (1988). É membro correspondente da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao sistema ortorrómbico.

      2. sistema ortorrómbico

        sistema rómbico.

    1. Aplícase ao sistema de eixes en que estes son perpendiculares dous a dous.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espiga de millo que aínda está verde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte saínte dalgunhas vasillas, cun pequeno cono cun furado por onde sae o líquido.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Planta herbácea perenne, de 50 a 100 cm de altura, de olor característico, con bulbo simple, alongado e cilíndrico, follas estreitas, planas, longas e brancas na base que se van volvendo verdes a medida que se ascende polo talo, e numerosas flores brancas ou rosadas, agrupadas en umbela globosa. Florece entre xuño e xullo. É comestible e o seu cultivo é moi antigo. Presenta propiedades antisépticas e diuréticas. OBS: Tamén se denomina allo porro.

      2. Bulbo de cor branca desta planta.

    1. Planta herbácea perenne, de 150 a 200 cm de alto, de olor aliáceo, con bulbo dímero, envolto de pequenos bulbos, con follas planas e amplamente lineais, e con numerosas flores diminutas rosadas ou púrpuras, agrupadas nunha umbela grande e redonda. Florece entre mediados da primavera e mediados do verán. Dáse en campos, camiños e terreos da rexión mediterránea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cigarro de droga, especialmente de haxix ou de marihuana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Política. Militante do PP, foi concelleira no concello de Vigo (1995-1999), directora xeral de Servizos Sociais na consellería de Sanidade e Servicios Sociais (1999-2001) e conselleira de Asuntos Sociais (2001-2003). Foi deputada no Parlamento de Galicia na VI lexislatura (2002-2003) e en 2003 acadou a alcaldía de Vigo, despois da cuestión de confianza que destituíu a V. Pérez Mariño. Desde 2004 é senadora.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recipiente, xeralmente de barro, máis ancho na parte superior ca no pé, cunha asa na parte superior central e dous bicos, un para enchelo e outro, máis pequeno, para beber, que se usa para levar e conservar a auga fresca.

    2. Recipiente de vidro cun bico longo en forma de cono, que se emprega para beber botando o líquido desde o alto cara á boca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de prorrogar

    2. Adiamento ou dilación dun prazo que a lei prevé en certas circunstancias ou casos concretos.

    3. Dereito facultativo das partes litigantes de derrogar o foro territorial, elixindo o xuíz que queiran naqueles casos en que a lei non o prohibe.

    4. Lei pola que unha asemblea deliberante pode continuar en certas ocasións nas súas funcións máis alá da data legal de expiración dos seus poderes. A Constitución de 1978 non prevé esta posibilidade.

    5. Beneficio outorgado a certos mozos de adiar a súa incorporación a filas. En España suspendeuse en 2001 cando se profesionalizou o exército.

    6. Tempo suplementario que se engade ao final dun partido que rematou en empate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • prorrogable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser prorrogado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de prorrogar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ribeira esquerda da ría de Muros e Noia, situada na parroquia de Baroña (Porto do Son).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao retorrománico.

    2. Lingua románica constituída por tres bloques dialectais (occidental, central e oriental), de área descontinua. Esténdese desde San Gottardo ata o Mar Adriático e son, de O a L: o retorrománico occidental ou rético; o ladino ou dolomítico, falado na rexión dos Dolomitas e no Trentino-Alto Adige; e o friulano, falado en Friuli. A pesar da gran fragmentación dialectal, os tres bloques dialectais comparten algunhas características fonéticas: a conservación do -S final latino (lat MURU/MUROS > retorrománico occidental mī/mīrs, retorrománico central mur/mures e retorrománico oriental mūr/mūres); a conservación do -L- dos grupos KL-, GL-, BL-, PL-, FL- iniciais (CLAVEM > occidental klaf, central kle e oriental klaf); e a palatalización de K, G, ante A (CABALLU > occidental chavals, central tšavál e oriental chavál; GALLINA > occidental dylínya, central dyalina ou yarina, e oriental dyalína. En 1885 fundouse a Societad Retoromontscha, que publicou uns Annalas e promoveu...

    3. Literatura cultivada nalgún dos dialectos retorrománicos. Dos occidentais, os que teñen máis tradición de cultivo literario son o sobresilvano e o ladino; dos orientais, o friulano. A primeira manifestación escrita é La Chanzun de la guerra dal Chastè d’Müsch (1527), de Gian Travers. O estoupido da Reforma, co enfrontamento contra o latín da Igrexa Católica, foi o estímulo dunha abundante produción literaria de carácter relixioso e apoloxético, con testamentos, catecismos e himnarios recompilados na Consolaziun dell’olma devotiusa (1690). Esta literatura, alternada con crónicas, lendas populares e algún tema clásico, dominou toda a produción literaria ata ben entrado o s XVIII. Durante os ss XVII e XVIII, sobresaen os nomes de Jon Martin, Johan Jüst Ander e o da poeta Mengia Wielanda, xunto coa edición da Biblia de Cuera (1717-19), La Passiun de sumvitg, La Passiun de Lumbrein e a Dertgira nauscha. Na fin do s XVIII, mingua a produción relixiosa...

    VER O DETALLE DO TERMO