prórroga

prórroga

(

  1. Acción e efecto de prorrogar

    Confrontacións: prorrogación.
  2. s f [DER]

    Adiamento ou dilación dun prazo que a lei prevé en certas circunstancias ou casos concretos.

  3. s f [DER]

    Dereito facultativo das partes litigantes de derrogar o foro territorial, elixindo o xuíz que queiran naqueles casos en que a lei non o prohibe.

  4. s f [POLÍT/DER]

    Lei pola que unha asemblea deliberante pode continuar en certas ocasións nas súas funcións máis alá da data legal de expiración dos seus poderes. A Constitución de 1978 non prevé esta posibilidade.

  5. s f [BÉL]

    Beneficio outorgado a certos mozos de adiar a súa incorporación a filas. En España suspendeuse en 2001 cando se profesionalizou o exército.

  6. s f [DEP]

    Tempo suplementario que se engade ao final dun partido que rematou en empate.

Palabras veciñas

propulsar | propulsión | propulsor -ra | prórroga | prorrogábel | prorrogable | prorrogación