propulsión
(
-
s
f
Acción de propulsar ou propeler.
-
s
f
[TECNOL/ASTRON]
-
Acción de trasladar, de facer avanzar, especialmente unha embarcación, un torpedo, etc, pola auga, unha aeronave polo aire, un astronauta polo espazo extraatmosférico, ao aplicarlles unha forza, ben por medio de axentes exteriores (o vento, os animais, o remolque, a sirga, etc, ou a radiación solar), ben -na autopropulsión- mediante forzas xeradas no interior do mesmo vehículo, embarcación, aeronave, etc, por máquinas de vapor, motores de combustión interna, motores eléctricos, foguetes, etc. A propulsión, baseada na terceira lei de Newton, fai referencia especialmente ao desprazamento dun corpo no seo dun fluído, sen rozamento nin rodadura do corpo ou dalgunha das súas partes, con ningunha superficie sólida. O fluído, ao abandonar a estrutura do corpo, xera por reacción o seu movemento. Os sistemas de propulsión poden clasificarse en propulsión por fluído externo (caso da hélice ou da propulsión por reacción das embarcacións), por fluído interno (os foguetes) e por fluído mixto (caso dos estatorreactores e dos turborreactores). A propulsión por hélice substituíu as velas, os remos, as rodas de pas, etc, nas embarcacións, e empregábase moito nas aeronaves, nas que foi substituída polos motores de reacción, agás nos avións de velocidade subsónica e nos helicópteros. A propulsión por reacción orixínase pola reacción da forza xerada pola expansión dos gases de combustión na tobeira de saída e pode obterse por motores de reacción (como o estatorreactor, o pulsorreactor, o turborreactor ou o turbopropulsor); emprégase moito nos avións e certos automóbiles. Na propulsión de embarcacións, denomínase propulsión por reacción a obtida por unha bomba situada no interior da embarcación ao aspirar a auga exterior e descargala a gran velocidade por unha tobeira disposta na popa. A propulsión por foguete, ou propulsión foguete, semellante á de reacción, atopou un enorme campo de aplicación nos voos extraatmosféricos.
-
Xeración dunha forza destinada a actuar artificialmente sobre o estado de movemento dun corpo, ben para variar a súa velocidade en módulo ou en argumento, ben para mantela nun medio que opón resistencia ao movemento.
-
-
s
f
[PAT]
Tendencia a escapar ou caer cara a adiante, como ocorre, por exemplo no mal de Párkinson.