"Oti" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 532.

  • Pavlos Konduriotis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento de orixe popular producido pola subida das recargas que aplicaba o concello da Coruña a todos os produtos básicos que se consumían na cidade a diario, dende xuño de 1886, e que cobraba unha empresa arrendataria. O descontento popular fronte a esta medida comezou a manifestarse dende primeiros de xullo, fundamentalmente por parte das mulleres das aforas da Coruña que abastecían diariamente os mercados da cidade. No mes de agosto produciuse o peche das touciñeiras e coas ameazas das vendedoras de froitas e legumes, acompañadas polas leiteiras e as vendedoras que viñan todos os días da periferia, orixinouse un motín na cidade. Para someter a poboación proclamouse o estado de guerra en toda a provincia, despois de que a poboación urbana asaltase a oficina central da compañía. Inmediatamente, o concello decidiu reducir a recarga imposta aos produtos e, despois dunha semana, a cidade volveu á calma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barra diminuída das mesmas proporcións ca a cotiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. De cada día ou para cada día.

    2. Que acontece case todos os días.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo aos puntos que presentan a mesma marea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cótidos.

    2. Peixe da familia dos cótidos.

    3. Familia de peixes ao que pertencen os escarapotes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falar de cousas sen relevancia e sen parar, coa intención de molestar alguén.

    2. Falar con alguén de cousas con pouca importancia ou interese, de maneira exaltada ou violentada.

    3. Apalpar a alguén contra a súa vontade.

    4. Facer forza contra alguén ou contra algunha cousa de xeito que se desprace do lugar que ocupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que fala moito de cousas sen importancia, coa intención de amolar a alguén.

    2. Persoa que discute de xeito acalorado e impetuoso.

    3. Persoa que apalpa a outras contra a súa vontade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. aso e medida de capacidade para líquidos equivalente a un cuarto de litro na Grecia antiga.

    2. Cavidade dun óso na que se insire a cabeza doutro.

    3. cotiledón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. A primeira folla, ou as primeiras follas, do embrión das fanerógamas. Nalgúns casos, funciona como órgano de dixestión das substancias nutritivas almacenadas no tecido nutricio da semente, aínda que se volve fotosintetizador cando a planta xermina. Noutros casos, actúa como órgano de reserva e está cheo de materiais nutritivos que absorbeu antes de madurecer a semente. O número de cotiledóns caracteriza a algúns grupos de plantas: as monocotiledóneas teñen un, as dicotiledóneas dous, e as ximnospermas un número variable. Pódense distinguir dous tipos de cotiledóns: os epixeos, que saen á superficie do chan ao xerminar a semente, e os hipoxeos, que permanecen enterrados. Tamén se denomina cótila.

    2. Cada un dos lóbulos da cara uterina da placenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cotiledón.

    2. Que posúe un ou máis cotiledóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serrón de carpinteiro con mango de madeira que se emprega para traballos finos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danza que se executaba xeralmente ao final dos bailes de sociedade, con acompañamento de valses e mazurcas. Orixinariamente era unha variedade da cuadrilla, pero despois deu en converterse nunha auténtica danza con figuras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma de cótila.

    2. Relativo ou pertencente á cavidade cotiloide.

    3. Cavidade articular do óso coxal na que se insire a cabeza do fémur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arbustos, da familia das anacardiáceas, ao que pertence a especie C. coggygria. De ata 4 m de altura, presenta follas arredondadas de entre 3 e 8 cm, cor verde intensa, pecíolo moi longo e flores de cor amarela con pedúnculos cubertos dunha pilosidade plumosa moi aparente, que dá lugar á denominación popular de árbore das perrucas. Orixinaria dunha extensa área que vai dende o S de Europa ata China e o Himalaia, en Galicia está presente como árbore ornamental en parques e xardíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De xeito continuo, a diario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exemplar que acompaña o tipo e do que se toman as características para describir a unidade taxonómica definida polo tipo.

    VER O DETALLE DO TERMO