"PS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

    1. Relativo ou pertencente ás crisocapsais.

    2. Alga da antiga orde das crisocapsais.

    3. Antiga orde de algas da clase das crisofíceas de estrutura palmeloide. Actualmente, inclúense dentro da orde das cromulinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capacidade visual de percibir as cores.

    2. isión na que os obxectos se perciben coloreados de xeito anormal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perda patolóxica da visión nun cuadrante do campo visual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten catro cabezas ou puntas.

    2. Músculo situado no plano anterior da coxa constituído por catro feixes musculares: o recto anterior, o vasto externo, o vasto interno e o crural. Estende a perna e flexiona a coxa sobre a pelve e a pelve sobre a coxa. OBS: Tamén se denomina cuadríceps crural ou cuadríceps femoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos nomeidos ao que pertence o robín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Regata internacional de grandes barcos veleiros organizada pola International Sailing Training Association, que adoptou a denominación dun clipper construído en 1869 nos estaleiros de Clydebank (Escocia). Esta embarcación entrou en servizo en febreiro de 1870 para transportar té de China e outros artigos coloniais. En 1895 adquiriuno a casa viñateira Ferreira, do Porto, que o rebautizou co seu nome. En 1922 retornou ás Illas Británicas onde foi restaurado. Dende entón permanece varado no porto de Greenwich (Londres). En 1955 xurdiu a iniciativa de organizar a regata internacional para grandes veleiros, de carácter bienal, que celebrou a súa primeira edición en 1956 cun percorrido entre Torbay e Lisboa. En 1972 a firma de licores londinense Berry Bros. & Rudd decidiu patrocinar o evento, pois un ano despois da volta do clipper ao Reino Unido (1923) escollera o nome Cutty Sark para o seu novo whisky. A regata Cutty Sark ten un carácter non competitivo, pois os seus principais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de crustáceos maxilópodos de pequenas dimensións, co corpo alongado e formado por un cefalotórax, máis ou menos ovalado, e un abdome cilíndrico. Viven nas augas doces e son, coma todos os copépodos, uns dos principais compoñentes do zooplancto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos zeidos ao que pertence o sanmartiño rosado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Henri Petiot.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido branco e cristalino que funde a 175-176°C, practicamente insoluble en auga e inestable á luz. Emprégase no tratamento da lepra e da malaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e litógrafo. Cultivou a caricatura e a litografía irónica para despois dedicarse á pintura. En Esmirna (1828) adoptou a temática oriental e máis tarde cultivou un realismo precursor de Millet e Courbet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico canadense. Licenciouse en Física na University of Toronto e doutorouse na University of Chicago en 1916, na que exerceu como profesor entre 1919 e 1950. Investigou as descargas eléctricas nunha masa gasosa e deseñou un espectrógrafo de masas, co que descubriu o isótopo deuranio 235U.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para abrir un recipiente pechado con cápsula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abrir unha botella ou outro recipiente que está pechado con cápsula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico literario francés. Defensor da escola romántica, fundou -xunto con Victor Hugo, Alexandre Soumet, Alexandre Guiraud, Alfred de Vigny, Saint-Valry e Desjardins- a revista La Muse française (1823-1824), órgano da doutrina romántica. Da súa produción destaca Études françaises et étrangères (Estudios franceses e estranxeiros, 1828).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño mercante. Ingresou na Compañía Trasatlántica Española (1878) e acadou o grao de capitán. Tras realizar viaxes a Filipinas e Sudamérica levou o mando do transatlántico Montserrat, que dirixiu a Cuba durante o conflito hispano-cubano. Tralo éxito das operacións que lle foron encomendadas, foille concedida a Cruz do Mérito Naval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés. Escribiu máis de mil baladas de formas e temas variados e uns 200 rondós. A súa obra L’art de ditier et de faire ballades (A arte de recitar e de facer cancións, 1392) utilizouna La Fontaine en moitos temas das súas Fábulas. Deixou inacabada a obra Miroir de mariage (Espello de matrimonio).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte e arqueólogo. Especializouse no estudo da arte medieval e foi conservador do Musée National des Monuments Français. Membro do Institut de France, escribiu, entre outras obras, Les châteaux des croisés en Terre Sainte (Os castelos dos cruzados en Terra Santa).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas perennes, da familia das poáceas, de inflorescencia en panícula, con espículas comprimidas de dúas flores hermafroditas, glumas da mesma lonxitude ca as espículas e unha aresta dorsal recta. En Galicia están presentes as especies: D. cespitosa, en lugares herbosos; D. flexousa, en uceiras e claros de bosques; D. media, en lameiros e bancais de ríos do noroeste do país; e D. setacea en uceiras húmidas e turbeiras do noreste do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos diápsidos.

    2. Réptil da subclase dos diápsidos.

    3. Subclase de réptiles caracterizados por ter un cranio con dúas aberturas ou fosas temporais, unha dorsal e outra lateral. Comprende todos os réptiles actuais agás os quelónidos.

    VER O DETALLE DO TERMO