"Pin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 715.
-
PERSOEIRO
Escritor e historiador francés. Escribiu, entre outras obras, Considérations sur les moeurs de ce siècle (Consideracións sobre os costumes deste século, 1751). Foi membro da Académie Française, na que ocupou o cargo de secretario perpetuo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación de Santalla.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Castro de Rei. Construída no s XVII, reformouse ao longo do tempo. Ten planta rectangular, cunha nave con cuberta de madeira a dúas augas e unha pequena ábsida cun arco triunfal de medio punto. Ten un pórtico, separado do templo, e unha espadana, que foron construídos posteriormente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
enda de produtos nos mercados exteriores a prezos inferiores aos do país importador respectivo. A práctica pode ser esporádica, efectuada ocasionalmente para a colocación dun excedente de produción nos mercados estranxeiros; depredatoria, coa intención de introducirse nun mercado ou de eliminar a competencia coa conseguinte poxa dos prezos, e persistente, de forma continuada e coa intención de obter beneficios complementarios nos mercados estranxeiros.
-
PERSOEIRO
Escritora. Coñecida como George Sand, educouse baixo a tutela da súa avoa en Nohant e ingresou nun convento en París (1817-1820). En 1822 casou co barón Duvenant. En 1831 separouse e trasladouse a París. Posteriormente, volveu a Nohant e logo pasou uns anos xunto a F. Chopin na cartuxa de Valldemosa en Mallorca. En colaboración con Jules Sandeau publicou a súa primeira novela titulada Rose et Blanche (1831), baixo o pseudónimo común de Jules Sand, e fundou a revista Revue indépendante (1841), xunto con Pierre Leroux. Escribiu pezas de teatro, como Claudie (1851) ou Molière (1851), e tivo unha grande actividade como novelista con obras, como Valentine (1832), Indiana (1932), Lélia (1833), Mauprat (1837), Un hiver à Majorque (1841), Le meunier d’Angibault (O muiñeiro de Angibault, 1845), La mare au diable (O pantano do demo, 1846), François le Champi (1848), Histoire...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Licenciouse en Dereito na Universidad de Madrid en 1936 e doutorouse en 1938. En 1941 obtivo a cátedra de Dereito Natural e Filosofía do Dereito na Universidad de Salamanca, que en 1945 permutou pola da Universidad de Sevilla, onde exerceu ata 1977, data na que ingresou na Universidad Complutense. Da súa produción científica sobresae Tratado de Filosofía del Derecho. No terreo do pensamento filosófico das diversas culturas, analizou as da Península Ibérica, as europeas, a sefardí, a árabe, as asiáticas orientais e as africanas. Mantivo un achegamento á cultura galega, no que destacan os estudios plasmados en La tradición gallega (1944), La saudade. Ensayos (1953), Ramón Otero Pedrayo en el tradicionalismo gallego (1958) e El Reino de Galicia hasta 1700 (1966). O seu concepto de galeguidade fundamentouse nos referentes culturais tradicionais galegos unidos á defensa da cristiandade e da unidade de España. Foi doutor honoris causa...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da República Dominicana, no extremo occidental do país (1.426 km2; 64.641 h [1993]). A súa capital é Elías Piña (23.000 h [1975]). As principais actividades económicas son a gandería (caprino) e a explotación forestal. Tamén é importante na súa economía a agricultura, sobre todo os cultivos de café, de cana de azucre, de algodón e millo.
-
-
de empinar ou empinarse.
-
Que está inclinado.
-
Aplícase á figura humana ou animal coas mans ou as poutas anteriores apoiadas ao tronco dunha árbore, dunha columna, dunha torre, ou similares.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
empinado.
-
-
Erguer ou levantar algo ou a alguén.
-
Pór en alto e inclinar algo polo extremo ata baleirar o seu contido.
-
Beber moito alcohol.
-
Pronunciarse unha inclinación.
-
Levantarse algo por un lado.
-
Erguerse sobre as puntas dos pés ou, no caso de animais cuadrúpedos, sobre as patas traseiras e coas mans levantadas.
-
-
-
Mancha ou erupción cutánea que se caracteriza pola presenza de pústulas ou chagas na cara e nas mans. OBS: Emprégase maioritariamente en plural.
-
Rivalidade ou competencia que xorde entre as persoas que perseguen a mesma cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
empincha.
-
CAPITAIS
Capital do departamento de Vosges, en Lorena, Francia, situada na marxe dereita do río Moselle (35.794 h [1999]). A industria, principalmente o sector téxtil (algodón), constitúe a base da súa economía. Fundada polo bispo de Reims, formouse arredor do antigo mosteiro de Saint-Benoît (970) e do castelo (980). Do seu patrimonio cultural destacan a basílica de Saint-Maurice (ss X-XIV), coa torre románica, e os obradoiros de imaxinería popular.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Crecemento desmesurado dos tecidos da parte superior dun órgano, causado por factores diversos, como a gravidade, certas substancias químicas ou a luz.
-
CIDADES
Cidade do departamento de Seine-Saint-Denis, Francia, na marxe dereita do río Seine (48.762 h [1990]). Situada ao N de París, constitúe un suburbio residencial da capital. De orixe baixo medieval, converteuse no s XI na residencia dos señores de Montmorency, que dominaron a rexión ata o s XIX. No s XVIII, a súa situación na estrada París-Pontoise converteuna no centro de retiro de intelectuais ilustrados como J. J. Rousseau e D. Diderot. A comezos do s XIX iniciouse o seu desenvolvemento industrial co establecemento dunha lavandería de carácter industrial e dos estudios de cine Eclair. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Saint Medart, de orixe medieval e reconstruída no s XIX, a casa do concello do s XVIII e a igrexa das Misións, construída para a exposición colonial de París (1931) con forma de pagode, declarada Monumento Histórico en 1994.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
adrenalina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes mariños, da familia dos serránidos, ao que pertencen algúns meros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obxecto cerámico grego que servía para fiar a la. Era oblongo, coa base plana e adoptaba unha forma oca. Tiña unha abertura lonxitudinal e outra nun dos seus extremos. A decoración era semellante á doutros vasos cerámicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa máis externa dos tres revestimentos dos nervios, composta por tecido conxuntivo denso.
-
-
Canto de vitoria.
-
Himno triunfal.
-