"Pol" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1042.
-
PERSOEIRO
Político e avogado francés, fillo de Lazare Nicolas Carnot. Seguiu as teorías de Saint-Simon, en 1839 foi elixido deputado e converteuse nun dos líderes do partido republicano. Despois da Revolución de 1848 foi ministro de Instrución Pública, pero dimitiu debido á oposición que provocaba a súa actitude desfavorable respecto á laicización das escolas. No 1864 participou no corpo lexislativo do Segundo Imperio e foi senador vitalicio na Asemblea Nacional desde 1871.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
carapola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da botánica que se dedica ao estudo do froito. A súa aplicación nos estudios arqueolóxicos permite, xunto coas análises polínicas, o coñecemento dos paleoambientes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Grande (Kowal, Cuiavia 1309 - Cracovia 1370) Rei de Polonia (1333-1370), fillo de Ladislao I. Puxo fin ás guerras contra a orde teutónica (Paz de Kalisz, 1343) e contra Xoán de Bohemia, que aspiraba á coroa polaca (Tratado de Višegrad, 1335). Reformou a lexislación polaca, fundou hospitais e colexios, e creou a Universidade de Cracovia en 1364.
-
PERSOEIRO
Rei de Polonia (1444-1492). Da familia dos Jagellons, sucedeu o seu irmán Ladislao III. En 1440 foi elixido gran duque de Lituania. Entrou novamente en guerra coa orde teutónica, coa que asinou a Paz de Thorn en 1466, que lle valeu a posesión da Prusia occidental, mentres que a oriental quedaba baixo a súa vasalaxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, orador e escritor. Licenciado en Dereito e Filosofía, foi catedrático de Historia de España (1858) e militante do partido demócrata. Desde 1863 dirixiu o xornal La Democracia, onde defendía as posicións económicas liberais do republicanismo individualista. Separado da cátedra en 1865 por mor dun artigo de cariz antimonárquico titulado “El rasgo”, publicado en La Democracia, participou nos movementos que levaron á Revolución de setembro de 1868. Nas cortes constituíntes de 1869 dirixiu, con Pi i Margall e Figueras, a campaña para a implantación da República. Presentou na asemblea constituínte o problema da rabassa morta en Catalunya e a cuestión foral galega. Coa Primeira República (1873), Castelar ocupou a carteira de Estado e a presidencia do poder executivo. Dende o seu posto, clausurou as cortes, interrompeu a discusión do proxecto de constitución federal, suspendeu as garantías constitucionais e exerceu poderes absolutos. Estas xestións foron censuradas...
VER O DETALLE DO TERMO -
LOCALIDADES
Localidade do concello de Astorga, na comarca de La Maragatería, integrada na provincia de León e na Comunidade Autónoma de Castela e León. Situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago de Compostela, constituía un concello independente ata a súa incorporación ao de Astorga. Declarado Ben de Interese Cultural, está considerado como o arquetipo da arquitectura popular maragata, pois conserva este estilo nos seus edificios, na estrutura e mesmo no pavimentado do asentamento.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio do Principado de Asturias, situado na costa oriental da ría de Ribadeo, entre os ríos Eo e Verdesa (4.547 h [1996]). O porto pesqueiro constitúe un sector importante da economía, xunto coa tradicional explotación da madeira e a cría de gando bovino. Do seu patrimonio destacan a igrexa de Nuestra Señora del Campo, do s XV, e o núcleo urbano da vila de Castropol.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carreira de xinetes curta e ao galope.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, que se edita anualmente en galego dende 1989. Inclúe asuntos de interese para a colonia galega, como convocatorias de premios, concursos, campamentos de verán e voluntariado social. Da mesma maneira, expón traballos orientados a ampliar os coñecementos sobre Galicia e a súa historia, que se completan con colaboracións literarias. O índice estrutúrase en diversos apartados: “Editorial”, “Información Xeral”, “Coñecendo o noso”, “Tema central”, “Poema”, “Historia de Galiza”, “Colaboracións” e “Humor”. Entre os redactores figuraban Toño Álvarez, Txelu Piñeiro, Txema Vázquez e Alberte Sanmartín. Está ilustrado principalmente con fotografías e debuxos de elementos artísticos galegos e con mapas.
-
PERSOEIRO
Xefe chileno dos araucanos. Derrotou a Pedro de Valdivia e ao seu sucesor, Villagrán. Caeu prisioneiro nas montañas e despois foi condenado e executado en Cañete. O seu renome provén da relación que Alonso de Ercilla fixo das súas fazañas en La Araucana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos cepólidos ao que pertence o peixe cinta.
-
-
Relativo ou pertencente aos cepólidos.
-
Peixe da familia dos cepólidos.
-
Familia de peixes da orde dos perciformes, de corpo moi alongado e comprimido, de coloración vermella, con dúas aberturas nasais a cada lado da cabeza, coas aletas dorsal e anal longas dispostas ao longo do animal, aletas pectorais e pélvicas de pequeno tamaño e unha aleta caudal rematada nun penacho. A familia comprende poucas especies, distribuídas nos oceános Atlántico, Índico e Pacífico. Nas augas galegas está representada polo peixe cinta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedra labrada de tamaño pequeno.
-
PERSOEIRO
Arqueólogo francés, irmán de Jean-François Champollion. Foi bibliotecario de diversas institucións e catedrático de Paleografía na École des Chartres. Estudiou os documentos gregos escritos en exipcio. Escribiu, entre outras obras, Annales des Lagides (1819), L’Egypte ancienne et moderne (O Exipto antigo e moderno, 1840) e L’écriture démotique égyptienne (A escritura demótica exipcia, 1843).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Exiptólogo francés. Coñecido como Champollion le Jeune, fundou a exiptoloxía científica. Estudiou as linguas árabe, copta, etíope, hebrea, siria e caldea. En 1797 escribiu unha memoria na que defendeu que a lingua copta era unha forma tardía da antiga lingua exipcia. Sobre esta teoría, e logo de traballar sobre os xeroglíficos, publicou o Précis du système hiéroglyphique des anciens égyptiens, figuratif, idéographique et alphabétique (Compendio do sistema xeroglífico dos antigos exipcios, figurativo, ideográfico e alfabético, 1824), clave para o desciframento da escritura exipcia antiga conseguida, sobre todo, grazas á pedra de Rosetta. Foi nomeado director do museo exipcio do Louvre en 1826 e profesor da cátedra de Exiptoloxía creada expresamente para el no Collège de France en 1831. Entre 1828 e 1830 permaneceu en Exipto. Escribiu De l’écriture hiératique des anciens Egyptiens (Sobre a escritura hierática dos antigos exipcios, 1821) e Panthéon égyptien (Panteón...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á variedade de mármore formada por calcarias cristalinas xistosas e acompañadas case sempre por talco, mica e clorita en forma de pequenas pallas dispostas en faixas. Tamén se poden atopar outros minerais, como a turmalina e o corindón. É de cor verde e emprégase para adornar.
-
PERSOEIRO
Historiador de economía italiana. Catedrático de Historia Económica da Universidade de Pavia, estudiou sobre todo a historia da moeda, a poboación e a técnica; especializouse na xénese e desenvolvemento do capitalismo e nas condicións que fixeron posible a Revolución Industrial en Europa. Escribiu, entre outras obras, The Economic History of World Population (Historia económica da poboación mundial, 1962), The Economic Decline of Empires (A decadencia económica dos imperios, 1970), Istruzione e sviluppo: il declino dell’analfabetismo nel mondo occidentale (Educación e desenvolvemento: o retroceso do analfabetismo no mundo occidental, 1971), Storia economica dell’Europa pre-industriale (Historia económica da Europa preindustrial, 1974), Le macchine del tempo: l’orologio e la società, 1300-1700 (As máquinas do tempo: o reloxo e a sociedade, 1981), Introduzione allo studio della storia economica (Introdución ao estudo da historia económica,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situado arredor dun polo terrestre ou celeste. Ex: Constelación circumpolar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornalista. Dirixiu as publicacións Galicia Recreativa (1890-1892) e El Criterio Gallego (1893), ambas as dúas de Pontevedra. Defensor das ideas tradicionalistas, publicou Estado actual de la Agricultura en Galicia y medios que deben emplearse para mejorar sus condiciones, a fin de aumentar los produtos de la misma (1902).