cipolino -na

cipolino -na

(< ital cipollino ‘ceboliña’)

adx e s m [XEOL]

Aplícase á variedade de mármore formada por calcarias cristalinas xistosas e acompañadas case sempre por talco, mica e clorita en forma de pequenas pallas dispostas en faixas. Tamén se poden atopar outros minerais, como a turmalina e o corindón. É de cor verde e emprégase para adornar.

Palabras veciñas

ciperal | cipermetrín | cipo | cipolino -na | Cipolla, Carlo Maria | cipreido -da | ciprés