cipreido -da

cipreido -da

(< lat científico Cypraea)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos cipreidos.

  2. s m [ANIMAL]

    Gasterópodo mariño da familia dos cipreidos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Familia de moluscos gasterópodos mariños da subclase dos prosobranquios, que se caracterizan por ter a cuncha oviforme, coas voltas invisibles, e a abertura moi estreita, case como unha fenda, e carente de opérculo. Viven nos mares tropicais, acadan dimensións considerables e coñécense co nome de porcelanas. A esta familia pertence o caurí.

Palabras veciñas

cipo | cipolino -na | Cipolla, Carlo Maria | cipreido -da | ciprés | Ciprés, capela do | Ciprián