"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • Aro que forma parte da roda do carro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pasta feita con cal, area e auga mesturadas. Denomínase tamén morteiro de cal en contraste co morteiro de cemento ou co morteiro de cal e cemento portland.

    2. Mestura de arxila e auga, cinco partes de arxila por cada parte de auga en peso, empregada para impermeabilizar certas obras hidráulicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela A Mancha, no Campo de San Juan, drenado polo Guadiana (6.495 h [1991]). No seu termo atópanse as lagoas de Ruidera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela A Mancha, no Campo de Calatrava, drenado polo Tirteafuera (5.500 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Vilarente, no concello de Abadín. Ten 585 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico de arte italiano. Eséxeta da plástica contemporánea, foi presidente da Asociación Internacional de Críticos de Arte e alcalde de Roma. Publicou moitos libros e artigos sobre estética xeral, metodoloxía, urbanismo, etc, así como monografías sobre diversos artistas e a síntese L´arte moderna 1770-1970 (A arte moderna 1770-1970, 1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos filamentos que prolongan o casulo do gran do trigo e doutros cereais.

    2. Porción miúda de calquera cousa.

    3. Espiña do peixe.

    4. Cesta de cánabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual e gratuíta publicada en Santiago en maio de 1989, dirixida por Anxos Domenech Presa. Subtitulábase “Revista gallega del campo y el mar”. Contaba coas colaboracións de César Lumbreras, Pepe Casal e Xesús Ferreiro, xunto coas de Emilio Lavandeira no humor gráfico e Adela Cano no horóscopo. Incluía información sobre o campo e o mar, feiras e exposicións, aldeas e vilas de Galicia, entrevistas e unha axenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo suízo. Gran defensor da teoría da deriva continental de Wegener, esforzouse en explicitar a orixe dos relevos alpinos no marco xeral desta teoría. Así estudiou a tectónica dos Alpes (Les nappes de recouvrement des Alpes occidentales, 1911; Sur l’arc des Alpes occidentales, 1916) e interpretouna como un efecto da comprensión dun xeosinclinal mediterráneo entre o zócolo de Eurasia e o zócolo africano que deriva cara ao noroeste. Con A Tectonique de l´Asie (1922) esbozou unha interpretación paralela dos grandes relevos alpinos asiáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Na súa obra Essai sur une manière de reprèsenter les quantités imaginaires (1806), estableceu os diagramas que fan corresponder a cada número complexo un vector do plano, coñecidos por diagramas de Argand.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plano onde se estableceu un sistema de coordenadas cartesianas e no que se representa cada número complexo a + bi por medio do punto de coordenadas (a, b). Nesta representación todos os puntos que teñen unha ou dúas coordenadas infinitas son considerados como un mesmo punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, drenado polo Jarama (26.113 h [1991]). Está situado na Alcarria, ao NL da capital. Conta con importantes destilerías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Argola de ferro situada no extremo superior da cana da áncora e pola que se amarra a cadea, o cabo ou o cable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘bacallao’ e ‘peixe’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘bacallao’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Tartessos, coñecido só polas referencias de autores gregos. Filohelénico, prestou axuda aos focenses para financiar a fortificación de Focea (cidade grega de Asia Menor) contra a ameaza persa. O seu reinado (quizais do 630 ao 550 a C) correspóndese coa época de esplendor de Tartessos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello do Bierzo. Ten unha poboación de 962 h (1996). Está adscrito ao partido xudicial de Ponferrada e á provincia de León, na comunidade autónoma de Castela e León.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación creada por P. Bosch Gimpera contra 1920 para designar unha cultura prehistórica da Idade do Bronce, vixente entre 1500 - 1000 a C, a partir do topónimo do lugar de El Argar, no termo de Antas (Almería). Dende 1949, os estudios de M. Tarradell demostraron que limitaba coas provincias de Granada, Almería, Murcia e Albacete, penetrando no extremo sur do País Valencià (depósitos do Cabezo Redondo de Villena, de San Antonio de Oriola e de Callosa de Segura). Caracterízase por poboados fortificados en lugares elevados, sepulturas baixo as casas en xerras ou cistas, metalurxia do cobre e do bronce, follas de sílex e cerámica lisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á cultura de El Argar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Xoán de Río baixo a advocación de san Silvestre.

    VER O DETALLE DO TERMO