"Rab" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 681.

    1. Embarcación utilizada entre os ss XIV e XVII, que tiña o casco moi alto, amplo e relativamente curto, aínda que máis longo ca o das naos e có das cocas; as características do seu aparello permítenlle navegar contra o vento. De orixe portuguesa, nun principio tiña dous ou tres paos con vela latina, sen bauprés nin trinquete. No s XV os mesmos portugueses, como consecuencia das súas experiencias no litoral africano, perfeccionaron este barco facéndoo algo máis longo; a finais do s XV xa había carabelas de popa plana, con gabias e aparello de cruz. Este modelo impúxose no resto da Península Ibérica, sobre todo en Andalucía, onde apareceu un tipo de carabela intermedio entre esta e a nao, con aparello de cruz. A primeira viaxe de Cristovo Colón a América realizouse en dúas carabelas, Pinta e Niña.

    2. Cesta de pequeno tamaño, feita polo xeral de vimbios, empregada para levar comestibles á cabeza.

    3. Nome que reciben os moluscos bivalvos do xénero Ensis, como o longueirón e a navalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cesto pequeno con asa, feito de tecidos moi tupidos como varas entretecidas, vergas ou palla, e que xeralmente se leva no brazo.

    2. Cesto no que os pescadores botan os peixes que capturan. Na tradición oral recóllense ditos como: “Brétema no Padornelo, sardiña no carabelo”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prateiro. Formouse no obradoiro de Simón Pérez de la Rocha. Entre 1784 e 1805 traballou para o cabido tudense. Realizou cruces parroquiais como as de San Salvador de Budiño, Salceda de Caselas e Arnoso, en Ponteareas, custodias como a de Pesqueiras, e cálices como o de Chaín, en Gondomar, ademais doutros obxectos litúrxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos carábidos.

    2. Insecto da familia dos carábidos.

    3. Familia de coleópteros, adéfagos, integrada por máis de 20.000 especies. En xeral son de cores marróns ou negras, con reflexos metálicos. Son característicos das zonas temperadas. Viven no chan e tanto larvas como adultos son carnívoras que cazan principalmente caracois, eirugas e miñocas. Os adultos son bos corredores, de actividade principalmente nocturna, que apenas se desprazan mediante o voo. Nalgunhas especies están ausentes as ás membranosas e noutras os élitros preséntanse fusionados. O xénero máis representativo é o Carabus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fusil curto e lixeiro, xeralmente co canón estriado. O seu uso foi xeneralizado no s XIX por parte das tropas auxiliares de cabalería e artillería.

    2. Fusil de repetición, lixeiro, xeralmente do calibre vintedous, utilizado como arma de caza maior e en probas deportivas de tiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tiro ou sucesión de tiros realizados cunha carabina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Soldado armado cunha carabina.

    2. Garda destinado á represión do contrabando e á vixilancia das costas, fronteiras e aduanas. O corpo de carabineiros de costas e fronteiras creouse en 1829 e ampliouse pronto cos membros do chamado resgardo civil, destinados a aduanas. Reorganizouse nos anos 1837 e 1842 co nome de corpo de carabineiros reais. Pola súa duplicidade de funcións coa Garda Civil e pola súa actuación durante a Guerra Civil (1936-1939), suprimiuse como corpo en 1940 e pasou a constituír unha sección da Garda Civil.

    3. Garda da organización militar destinada á protección da seguridade pública. Creouna en Italia Víctor Manuel I en 1814, e está formada por tropas de infantería e de cabalería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación menor de pesca co casco en forma de U, sen pao, cuberta nin corredor, e propulsada a remo e a vela. Emprégase moito no N de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Venezuela (4.650 km2; 1.807.542 h [1995]). A capital é Valencia (1.034.033 h [1992]). Comprende parte da cordilleira da Costa e da chaira aluvial do Orinoco, e a parte occidental da depresión do lago de Valencia. A área que envolve este lago é unha conca endorreica, o que fai que os solos sexan moi fértiles e intensamente cultivados. A progresiva industrialización invadiu as súas terras. O clima presenta variacións entre a costa e o interior. No litoral, a temperatura media anual é de 26,5°C, cunhas precipitacións de 850 mm. Nas terras altas interiores, a temperatura descende aos 22,9°C e as precipitacións aumentan ata os 1.400 mm anuais. En todo o estado están claramente marcadas as épocas de chuvia e as de seca. Porto Cabello é o porto máis importante e ocupa o terceiro lugar no país. A súa poboación incrementouse nos últimos anos principalmente pola instalación da industria petroquímica e papeleira. Tamén ten importancia o comercio, que dá traballo ao 20% da poboación. É un...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos caraboideos.

    2. Insecto da superfamilia dos caraboideos.

    3. Superfamilia de coleópteros da suborde dos adéfagos que comprende as familias dos carábidos, cicindélidos, ditíscidos, halíplidos, higróbidos, risódidos e xirínidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de carabullos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pao pequeno e seco que se emprega xeralmente para acender o lume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corpo frutífero e leñoso dalgunhas plantas, como o endocarpo de froitas do tipo do pexego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Excrecencia rugosa en forma de bóla, orixinada pola presenza de himenópteros parasitos, que aparecen nas pólas tenras do carballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe de cómic da autoría do humorista Xosé Lois publicado nos xornais La Región e Atlántico Diario, e no semanario A Nosa Terra. Trátase dun ser atemporal, que parte do enxebre para satirizar con ironía sutil asuntos moi modernos, cunha linguaxe chea de frases e modos actuais e acompañada de numerosos xogos lingüísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía (2.600 h [1996]). Sitúase na conca do río Guadalhorce e forma parte da serra de Tolox. A agricultura, sobre todo o cultivo de cereais, e a gandería bovina son as súas principais actividades económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pode ser censurado.

    2.   Que é digno de censura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dito ou feito sen importancia dirixido a unha persoa para rirse dela.

    2. Persoa que anda dun lado para outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nucleósido sintético no que o radical glicídico é unha arabinosa (isómero da ribosa). Actúa na síntese de ADN, inhibindo o enzima ADN-polimerasa. En medicina emprégase como antineoplásico e antivírico.

    VER O DETALLE DO TERMO