"Rel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 842.

  • Calquera conxunto que poida ser obtido a partir dunha colección numerable de conxuntos abertos ou pechados na recta real mediante unha serie numerable de operacións de unión, de intersección ou de compleción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático, epistemólogo e político francés. Profesor na Universidade da Sorbonne e na École Normale Supérieure de París a partir de 1903, director do Institut Henri Poincaré (1927) e membro da Académie des Sciences dende 1921. Formulou a base da moderna teoría da integración. Fundador dunha Collection de monographies sur la théorie des fonctions (Colección de monografías sobre a teoría das funcións, 1898), deu fundamento á integral de Lebesgue ao conseguir estender a noción de medida nos conxuntos, e obtivo a existencia de funcións monóxenas non analíticas. O Traité du calcul des probabilités et de ses applications (Tratado do cálculo de probabilidades e as súas aplicacións, 1925) introduciu novas nocións no cálculo de probabilidades e defendeu o empirismo matemático. Foi deputado socialista por Avairon (1924) e ministro de Mariña en dous gabinetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nun espazo topolóxico E, tribo xerada polos abertos de E. Na recta real R, tribo xerada por todos os intervalos abertos de R. Tamén se coñece como tribo boreliana ou σ -álxebra de Bole.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema referente á intersección E dunha infinidade numerable de sucesos Ei, de probabilidades respectivas Pi, que establece que se a serie ΣPi converxe, a probabilidade que se realice unha infinidade destes sucesos Ei é nula. Se, ademais, estes sucesos son independentes dous a dous, a converxencia da serie é non só suficiente, senón tamén necesaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dun espazo topolóxico E que se satisfai cando de todo recubrimento aberto de E se pode extraer un sobrecubrimento finito. Un espazo topolóxico que satisface o axioma de Borel-Lebesgue denomínase espacio case-compacto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema nun espazo de norma definida e dimensión finita E, os intervalos pechados fixos son as partes compactas de E. Así, na recta real R, os compactos son as unións finitas de intervalos pechados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cotobade baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe oriúnda dos arredores de Santiago de Compostela. Ao pasar a Castela, empregaron a forma Borilla. Outra forma que adoitan empregar é Borella. As súas armas levan, en campo de goles, cinco barras de sinople, perfiladas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Borel ou a un ente matemático que leva o seu nome.

    2. Elemento dunha tribo de Borel ou, ás veces, a tribo propiamente dita.

    3. Aplicación entre dous espacios topolóxicos X e Y, de tal xeito que a antiimaxe dun boreliano de Y é un boreliano de X.

    4. Espacio que se pode medir.

    5. Tribo de Borel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático, físico e médico. Condiscípulo de Torricelli, profesor de Matemáticas en Messina e en Pisa, creou, en Medicina, a escola iatromecánica. Na súa obra fundamental De motu animalium (Sobre o movemento dos animais, 1680-1681), intentou por primeira vez aplicar métodos matemáticos ao estudo dos problemas da mecánica do movemento dos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias anaerobias móbiles da orde das espiroquetais, de 3 a 15 μm de lonxitude, que se envolven nunha espiral de 5 a 7 voltas dunha amplitude aproximada de 1 μm. Tínguense ben cos colorantes de anilina. As especies B. recurrentis, B. duttonii, B. turicatae, B. parkeri e B. hermisii son axentes causantes de distintas febres recorrentes e transmitidas por piollos, pulgas e carrachas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Enxeñería Aeronáutica e catedrático de Fundamentos de Análise Económica na Universidad Complutense de Madrid. Afiliouse ao PSOE en 1975. No 1979 foi secretario xeral de Orzamentos (1983-1984) e, entre 1984-1991, secretario de Estado de Facenda. Foi ministro de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente entre 1991-1996. Tamén é portavoz de Orzamentos do PSOE e presidente da Comisión Mixta para a UE no Congreso. Entrou na executiva deste partido no 34º Congreso, en xuño de 1992. En 1998 e tras un proceso de eleccións primarias converteuse no candidato á Presidencia do Goberno polo PSOE, renunciando ao ano seguinte. Publicou entre outros textos: Métodos matemáticos para la economía (1981) e Al filo de los días (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, coñecido como Perejaume. Tratou amplamente o tema da paisaxe emparentando os pintores románticos e os vangardistas. Dende a pintura accedeu a outras disciplinas como a fotografía, o vídeo e tamén a poesía e o ensaio (Ludwig Jujol, 1989). Entre as súas obras destacan: Pinacoteca 48 (1991) e Rambla 61 (1993). Encargouse da decoración da sala de butacas do Gran Teatro do Liceo de Barcelona (1999). En 1999 o Museu d’Art Contemporani de Barcelona dedicoulle unha exposición retrospectiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Barcelona, Girona e Osona (947-992), e de Urgell (948-992) ao morrer sen fillos o seu tío Sunifredo II. Rexeu os tres primeiros condados co seu irmán Miró ata o seu falecemento (966). A súa política tendía a manter boas relacións cos dous grandes poderes do seu tempo: o carolinxio e o califal, co fin de neutralizar un co outro e chegar a ser cada vez máis independente. A boa relación con Córdoba, evidente xa dende o 950, facilitou os intercambios comerciais e o ascenso económico. Aproveitou a debilidade dos últimos monarcas carolinxios para independizarse do poder franco. Semella que por iso Almanzor decidiu atacar Catalunya (6 de xullo do 985). Este feito deu lugar a un intento de restablecer os lazos co reino franco cara á fin do 985 e durante o 986, cando Borrell II lle pediu axuda. En vista da ineficacia do auxilio franco, a independencia foi consumada, axudada polo cambio de dinastía en Francia. En marzo do 988 Borrell II intitulouse “pola graza de Deus duque ibérico e marqués”,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que é moi presumida, que ten moita vaidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contraforte exterior dun muro que serve para axudar a resistir o empuxe dun arco, a miúdo constituído por un piar, sobre o que descansa o extremo inferior dese arco que, pola parte superior, apoia no muro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e profesora da mesma universidade. Traballa en temas relacionados coa lingua e a toponimia. Publicou: Contribución ao estudo do léxico de Valentín Lamas Carvajal (1986) e doutorouse coa tese Contribución ao estudo da antroponimia medieval galega (séculos VIII-XIII) (1993). Ten participado en volumes colectivos como Estudios dedicados a Celso Emilio Ferreiro (1992), Guía bibliográfica da lingüística galega (1996), Homenaxe a Pilar Vázquez Cuesta (1996) e Homenaxe a Ramón Lorenzo (1998), entre outros moitos. Ademais participou na elaboración do Dicionario normativo galego-castelán (1988), Vocabulario comercial básico (1988), Dicionario escolar galego (1990), Léxico administrativo castelán-galego (1991) e do Dicionario dos nomes galegos (1992). Colaboradora nas revistas Verba e Cadernos da Lingua...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento flotante composto por moitas cortizas unidas de varios tamaños que, suxeito ao fondo da auga por medio dunha cadea ou doutro elemento, impide que as redes vaian ao fondo e queden suspendidas verticalmente na superficie do mar ou á profundidade desexada. Emprégase na pesca ao xeito, así como nos palangres e trasmallos. Está formado por unha especie de   armazóns dobres feitas con pequenas cortizas unidas   horizontal por outras maiores e, perpendicularmente, suxeitas por unha corda que as cruza na parte interior. O bourel átase á sineira por un extremo e, polo outro, á relinga superior da rede. Para que sexa visible por outros pescadores ou embarcacións, colócaselle na parte superior unha póla de loureiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Ortigueira. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Boureles e Abourelado. As súas armas levan, entre ondas de azul e prata, unha rede con boureis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e compositor. Iniciou as súas actividades en París en 1953. As súas composicións destacan pola súa calidade poética, musical e por unha gran forza interpretativa, baixo un ton crítico e irónico. Entre os seus títulos salientan Ne me quitte pas (Non me deixes, 1959), On n’oublie rien (Nada se esquece, 1961) e Les bourgeois (Os burgueses, 1962). Como actor participou nos filmes Les risques du métier (Os riscos do oficio, 1967) e L’emmerdeur (1973), e dirixiu Franz (1972) e Le Far West (1972), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO