"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
-
Fibra téxtil que imita a la de angora.
-
Tecido obtido con fibra de angorina.
-
Capa de abrigo de mangas perdidas que normalmente chega ás canelas e que se adoitaba empregar na comarca luguesa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dipéptido presente no tecido muscular das aves. Diferénciase da carnosina dos mamíferos soamente polo feito da metilación dun nitróxeno do núcleo da histidina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece a obra de Engels Anti-Dühring: Hern Eugens Dührings Umwälzung der Wissenschaft (Anti-Dühring ou a revolución da ciencia de Uxío Dühring: introdución ao estudo do socialismo), que comprende os artigos publicados entre 1877 e 1878 polo autor. Nesta obra expóñense de xeito sistemático os fundamentos do socialismo científico e aplícase esta doutrina ao maior número de campos. Na parte filosófica, analiza a relación entre o ser e o pensamento, apoiándose nos logros científicos da bioloxía, a física ou as ciencias en xeral. Na parte económica, expón as teorías de Marx sobre o traballo, a mercancía, o valor, etc. Na última parte, explica as diferencias entre socialismo utópico e socialismo científico, constituíndo unha verdadeira introdución doutrinal ao socialismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome farmacéutico da acetanilida, derivado da acción antipirética da substancia. Introduciuse na medicina no 1866 e posúe unha toxicidade excesiva. É o membro principal dun grupo de fármacos usados como antipiréticos, entre os que se atopa o paracetamol.
-
-
Que inhibe a fibrinólise.
-
Nome xenérico dos axentes que inhiben a fibrinólise bloqueando a activación do plasminóxeno.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibe a antipartícula dun neutrino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado latino fundado no 1098, a raíz da Primeira Cruzada, por Boemundo I, príncipe de Tarento. A súa obra foi completada e consolidada polo seu neto Tancredo. O Principado estendíase ao longo duns 200 km de costa, dende o norte de Alexandreta ata o sur de Bâniyâs; ao sueste incluía Apames e Maaret en Naamân e, a certa distancia de Alepo, alcanzaba os límites do condado de Edesa. Independente de dereito, aceptou someterse a Bizancio en vasalaxe. Saladino (morto no 1193) apoderouse da maior parte do seu territorio. A súa existencia rematou con Baybars, quen se apoderou da cidade de Antioquía no 1268, en tempos de Boemundo VI.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto obtido por condensación da metilfenilhidracina con acetoacetato de etilo. Utilízase como antipirético e analxésico.
-
-
Nun sistema óptico, refírese a cada un dos planos conxugados, normais ao eixe do sistema e cun aumento lateral igual a -1. Un feixe de raios que saia dun punto P do plano antiprincipal obxecto e penetre no sistema emerxerá, concorrendo real ou virtualmente nun punto P’, do plano antiprincipal imaxe; esta imaxe, P’, atoparase na outra banda e á mesma distancia do eixe que o punto P.
-
Aplícase a cada un dos dous puntos de intersección dos planos antiprincipais co eixe do sistema.
-
-
-
Que se opón aos ataques da guerra submarina.
-
Dise de todo elemento destinado a combater os submarinos ou a defenderse deles. O grao de perigosidade acadado polos submarinos de propulsión nuclear fixo que a loita antisubmarina sexa un campo onde se produciu unha investigación intensa nos últimos anos. Para a detección e localización dos submarinos inimigos, ademais dos sistemas clásicos (hidrófonos e sonar) xurdiron outros novos como o MAD (Magnetic Airborne Detector), a detección por satélite da radiación infravermella emitida polos reactores nucleares, as boias colocadas nos lugares de paso obrigado, os dispositivos remolcados por barcos e os que son lanzados dende o aire. Cando se localiza o submarino entran en acción os torpedos autoguiados (ASROC), lanzados dende os barcos, aeronaves ou submarinos (SUBROC), os torpedos instalados nos fondos marinos e as cargas de profundidade con explosivo nuclear.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ás confesións cristiás que, de diversas formas, negan o dogma católico da Trindade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal aparecido en decembro de 1892 en Pontevedra. Xoán David Pérez Mandado foi o seu director, propietario e redactor. Desapareceu aos poucos números e nel facíase publicidade das rías galegas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colorante que, mesturado coa alumina, proporciona un matiz escarlata. O seu diacetato utilizouse na medicina como laxante.
-
-
de apadriñar.
-
Que é apoiado ou axudado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de apadriñar.
-
-
Realizar a función de padriño con algo ou alguén, na cerimonia relixiosa ou nun acto público.
-
Prestar axuda ou apoio a algo ou alguén.
-
-
-
Dise de todo tipo de secreción glandular na que os produtos segregados se concentran nun extremo libre da célula e se eliminan xuntamente cunha porción de citoplasma da célula secretora, como na glándula mamaria.
-
Nome xenérico que designa unha glándula sudorípara que verte a súa secreción nun folículo piloso ou nun orificio pilosebáceo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de insculturas situado na parroquia de Catoira (Catoira). Representa unha serie de catro círculos concéntricos unidos por sucos de gran profundidade e varias coviñas.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual editada na cidade da Coruña en abril de 1951. Formaban o consello de redacción os doutores P. Carda Aparici, X. García Bengoa e X. Mª. Santiago Luque. Colaboraron D. Carballeira, C. Sánchez Botija, X. Rof, L. Escribano e E. Gallego. Editouse por medio de fascículos ordenados alfabeticamente e a súa temática está relacionada coa veterinaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Retablista neoclásico. Entre outras obras é autor dos altares da Soidade, Rosario, Ánimas e Santo Antonio de Bastabales, seguindo plantas de Miguel Ferro Caaveiro, e do retablo maior de San Xián de Vea, con planta de Melchor de Prado Mariño.
VER O DETALLE DO TERMO