"Santiago" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 262.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Coles. Construída en estilo románico na segunda metade do s XII, ten planta de nave única; da construción primitiva consérvase o primeiro tramo, de ábsida rectangular. No interior consérvase unha imaxe do Apóstolo Santiago sedente realizada en granito policromado a finais do s XII ou principios do s XIII. A fachada principal e a porta S son románicas. A portada principal está formada por un corpo saínte con dous contrafortes e tres arquivoltas que se apoian nunha tripla columna, e o tímpano é liso. Na porta S destaca o tímpano cun escudo de cinco flores de lis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Doutor en Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, traballou como profesor asociado na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (2000-2003). Colaborou   na Enciclopedia Galega Universal na materia de literatura medieval, e en diversos proxectos de investigación como Arquivo Galicia Medieval do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (1997-2000), O léxico do sufrimento nos trobadores do Ministerio de Ciencia y Tecnología (2001-2002), “Investigación Notas Literarias de Angelo Colocci” da Universidade de Santiago de Compostela (1996-1998) ou “Bases metodológicas para una Historia comparada de las literaturas en la Península Ibérica” da Universidade de Santiago de Compostela (2002-2005). Traduciu e realizou o estudo introdutorio de Lanzarote ou o Cabaleiro da Carreta de Chrétien de Troyes (2000) e a edición crítica de Josifón (2003). Escribiu Merlín e a súa historia (1997), Merlín en Geoffrey de Monmouth y en los romans...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante. Estudiou Filoloxía Xermánica na Universidade de Santiago de Compostela. Publicou viñetas e creou personaxes gráficos en El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Atlántico diario, El Progreso, La Región e La Opinión. Gañou o primeiro premio da Bienal da Caricatura de Ourense (1998) e o primeiro premio e dous accésits no Concurso Nacional de Humor Gráfico Joven & Brillante. A súa obra está no Museo do Humor de Fene e na Fundación da Universidad de Alcalá de Henares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, drenado polo río Riánsares (3.440 h [2001]). A súa economía está ligada ao sector primario: a agricultura (cereais, oliveiras, legumes e melóns) e á gandería (gando ovino). Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa da Inmaculada Concepción (ss XVI-XVII) e a casa da Cadena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción renacentista situada na praza do Obradoiro en Santiago de Compostela. Foi fundado en 1499 como hospital de peregrinos polos Reis Católicos despois da súa visita á cidade. En 1501 comezaron as obras baixo as trazas outorgadas polos irmáns Enrique e Antón Egas que crearon unha nova tipoloxía hospitalaria. Iniciado en estilo plateresco, consta dunha capela de planta de cruz latina ao redor da que se sitúan dous patios aos que se abren as dependencias masculinas e femininas. Na capela destaca o ciborio plateresco. Non se mantén a estutura orixinaria dos primeiros patios que co tempo se converteron en catro, coñecidos co nome de evanxelistas. No s XVI Rodrigo Gil de Hontañón reedificou, aínda que mantivo a súa estrutura, os patios dianteiros, os de Marcos e Xoán, con características do Renacemento salmantino. No s XVIII, frei Manuel de los Mártires edificou os patios posteriores, os de Mateo e Lucas, en estilo barroco compostelán. A portada iniciouse en 1519 baixo a dirección...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e sindicalista. Estableceuse en Puerto Rico, onde fundou o Partido Obrero Socialista de Puerto Rico e o Partido Socialista Puertorriqueño, que representou no Senado de EE UU (1917-1932). Desenvolveu a Federación Libre de Trabajadores, integrada na AFL, e a Confederación Panamericana del Trabajo, da que foi secretario executivo a comezos da década de 1920. Desempeñou o cargo de comisionado residente de Puerto Rico en Washington, e interveu no Congreso de EE UU para reclamar unha lexislación federal para a illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. O seu primeiro libro de contos foi Fridom Spik (1995), ao que seguiron as novelas Todo a cen (1996), Comendo espaguetis diante da televisión (1998), Salitre (2000), Breve crónica universal da clase obreira (Premio Manuel Lueiro Rey 2001) e Balea morta ou lancha a pique! (2002). Ademais, é autor da peza teatral Estación Mir (2003) e cantante do grupo de narrativa trip-hop Elviscristo Furious Machine. Foi pioneiro na introdución da literatura galega na rede, con proxectos como “Familia Feliz”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Doutor en Historia Medieval, foi profesor de historia medieval e moderna na Universidade de Santiago de Compostela. Tamén foi membro fundador do novo Seminario de Estudos Galegos e secretario do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Especializado na historia medieval de Galicia, colaborou en diversas revistas especializadas e nos estudios La ciudad y el mundo urbano en la historia de Galicia (1988) e O pensamento galego na historia (1990). Publicou Guía para el estudo de la Edad Media gallega, 1100-1480 (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador galego. Pertencente a unha familia burguesa de Santiago de Compostela, cultivou a súa poesía a partir de 1270 na corte de Afonso X e tal vez, tamén, de Sancho IV, onde se relacionou con Johan Vasquiz de Talaveira, con quen mantivo unha tenzón, e Per’ Eanes Marinho. Consérvase unha abondosa obra lírica da súa autoría, conformada por 81 composicións, que se transmitiron no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. O corpus componse de 47 cantigas de amigo, nas que se dá fundamentalmente unha adecuación ao xenero da cantiga de amor sen concesións a motivos popularizantes, 21 cantigas de amor (1 pastorela), 11 escarnios (6 persoais, 3 de amor e 2 sociais) e 2 tenzóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Biólogo. Doutor en Ciencias Biolóxicas E investigador do CSIC desde 1972, foi secretario (1979-1983) e director (1990-1994) do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo. É membro do Seminario de Estudios Galegos e do Consello da Cultura Galega (1991-1993). Estudiou principalmente a pesca nas costas galegas e publicou artigos de prensa, informes e libros, como A pesca galega e a súa investigación (1978) e A Galicia mariñeira. Foi deputado do Parlamento galego na IV lexislatura (1993-1997) polo PSdeG-PSOE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Boiro. De orixe románica, foi construída na segunda metade do s XII, pero o templo que se conserva foi edificado en 1685. Ten planta de nave única, a portada principal é de arquivoltas semicirculares e destaca a torre campanario barroca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación recreativa e cultural creada o 1 de xaneiro de 1847 en Santiago de Compostela. As súas actividades remataron en 1848, pero cara a 1854 fundouse no antigo convento de Santo Agostiño un novo liceo denominado Liceo de la Juventud de Santiago de Compostela. Esta nova asociación aglutinou a mocidade intelectual, dos que destacaban Murguía, Rodrigues Seoane e Paz Novoa e Pondal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización fundada en Santiago de Compostela en 1898, froito da escisión entre o nacionalismo coruñés vagamente liberal, capitaneado por Manuel Murguía, e o tradicionalista e católico santiagués de Alfredo Brañas. Presidida por Cabeza de León, contaba con Brañas na secretaría, que tratou de poñer o potencial rexionalista ao servizo do carlismo, o que axiña provocou o rexeitamento da Liga da Coruña. En 1900 o movemento entrou en crise, cando perdeu parte da súa base, que se achegara ao rexionalismo como defensa fronte á crise económica. A morte de Brañas nese ano marcou a fin do movemento en Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño. Alférez de fragata na Mariña española (1776), foi destinado a América para vixiar as costas da rexión de La Plata (1779). Foi gobernador de Misiones e capitán do porto de Ensenada (1806). Defendeu Bos Aires dos ataques ingleses (1806-1807). Nomeado vicerrei de Río de La Plata (1807), morreu fusilado polos revolucionarios en 1810.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Capitán do exército, foi fusilado en Carral pola súa participación no Levantamento de Solís no ano 1846.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi misioneiro xesuíta en Asia e Oceanía, vicario apostólico das illas Marianas, Carolinas e Marshall e bispo de Toquio (1923). Escribiu Indulgencias auténticas y su calendario (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Tipógrafo, xornalista e político. Líder da agrupación do PSdeG-PSOE en Ferrol, traballou en El Correo Gallego e dirixiu o xornal socialista El Obrero. Foi concelleiro en Ferrol en abril de 1931, deputado durante a Segunda República (1931-1936) e participou na campaña a favor do Estatuto de Autonomía de 1936. Despois da Guerra Civil Española exiliouse en México, onde escribiu en diversos xornais da emigración e participou na sesión parlamentaria dos exiliados (1945). Foi secretario de Alianza Nazonal Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Lugo. Pertenceu ao antigo convento de Santiago, fundado no s XIII. Coñeceuse como a igrexa de Santa María a Nova para diferenciala da catedral, tamén baixo a advocación de santa María. Reconstruíuse no s XVIII en estilo neoclásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político venezolano. Participou na Guerra de Independencia de Venezuela e nas sucesivas campañas de emancipación contra a dominación colonial, en que foi promovido a xeneral. Xefe do Estado Maior de Bolívar na Batalla de Carabobo (1821), secundou a Páez na súa actitude independentista de Venezuela fronte á República de Gran Colombia. En 1834 foi candidato á presidencia da república, pero Páez impuxo a Vargas. Poucos meses despois ocupou pola forza a presidencia, pero Vargas obrigouno a dimitir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Hostaleiro. Director xerente do restaurante San Miguel de Ourense, foi director de restauración do Hotel Convención, xefe de restauración de Equidesa e presidente de restauración de Ourense. Membro da Chaime des Rotisseurs e da Ordre Mondial de Gourmets, recibiu a Placa al Mérito Turístico (1968 e 1987) e a medalla de ouro ao Mérito Profesional Hostelero.

    VER O DETALLE DO TERMO