Liga Galega de Santiago
Liga Galega de Santiago
Organización fundada en Santiago de Compostela en 1898, froito da escisión entre o nacionalismo coruñés vagamente liberal, capitaneado por Manuel Murguía, e o tradicionalista e católico santiagués de Alfredo Brañas. Presidida por Cabeza de León, contaba con Brañas na secretaría, que tratou de poñer o potencial rexionalista ao servizo do carlismo, o que axiña provocou o rexeitamento da Liga da Coruña. En 1900 o movemento entrou en crise, cando perdeu parte da súa base, que se achegara ao rexionalismo como defensa fronte á crise económica. A morte de Brañas nese ano marcou a fin do movemento en Santiago de Compostela.