Liga Norte

Liga Norte

Organización política italiana fundada en 1991 a partir da Liga Autonomista Lombarda creada por Umberto Bossi en 1984. Formou parte da coalición electoral conservadora Polo da Liberdade e participou no gabinete presidido por S. Berlusconi. Posteriormente iniciou un proceso de radicalización que levou á proclamación por parte de U. Bossi da República da Padania.