"Sar" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 930.
-
PERSOEIRO
Cardeal, duque de Valentinois. Fillo do cardeal Rodrigo de Borja, despois Papa Alexandre VI, e de dona Vannozza Catanei. Inicialmente destinado á carreira eclesiástica, por mor das influencias do seu pai obtivo diversas prebendas importantes. En 1492 Alexandre VI nomeouno arcebispo de València e, ao ano seguinte, cardeal. Á morte do seu irmán Xoán, segundo duque de Gandía, renunciou ás dignidades clericais e reintegrouse no estado secular. Xestionou a alianza de Alexandre VI con Luís XII de Francia, e recibiu deste Rei o título de duque de Valentinois e o casamento con Carlota d’Albret, irmá do Rei consorte de Navarra. Conquistou a Romaña, territorio pontificio que estaba en mans dos grandes señores. Morreu nun incidente no asedio de Viana (Navarra).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Restaurador italiano. En 1939 fundou en Roma o Instituto Centrale del Restauro. Levou a cabo unha teoría sobre a restauración do patrimonio cultural.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Modificar as armas cunha brisura para diferenciar as distintas ramas dunha familia.
-
PERSOEIRO
Fillo do Emperador Claudio e de Mesalina, e presunto herdeiro do Imperio. A segunda muller do emperador, Agripina, fíxoo desherdar en favor de Nerón, fillo do seu primeiro matrimonio. Posteriormente Británico foi envelenado, favorecendo a Nerón coa súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e musicólogo. Foi mestre de capela da catedral de Estrasburgo e, posteriormente, da de Meaux. Formou unha biblioteca musical riquísima que actualmente está gardada nos fondos da Bibliothèque Nationale de París. Sobre música publicou o Ditionnaire (1701 e 1703) e Lettre en forme de dissertation à M. Demotz sur sa nouvelle méthode d’ écrire le plain-chaint et la musique (Carta en forma de disertación a M. Demotz sobre o seu novo método de escribir o canto e a música, 1729). Compuxo, sobre todo, cantatas e motetes.
VER O DETALLE DO TERMO -
Bulla indulgentiarum confraternitati Crucifixi Redemptoris in ecclesia cathedrali Auriensi concessarumVER O DETALLE DO TERMO
Folla voante en dobre folio editada por Xoán Gherlinc aló polo ano 1496 en Monterrei. Presenta letra gótica, capitais lombardas a dous tamaños e cincuenta e unha liñas. Atópase na biblioteca da Hispanic Society en Nova York.
-
-
PERSOEIRO
Emperador romano (37-41). Fillo de Xermánico e de Agripina a Vella, criouse seguindo ao seu pai polos campamentos militares; neles recibiu o alcume de Calígula, diminutivo do lat calĭga ‘calzado militar que empregaban os soldados romanos’. Sucedeu a Tiberio como emperador coa axuda de Sertorio Macrón. Durante os primeiros meses inaugurou unha política de tolerancia, abolindo a Lex Maiestatis, reducindo o imposto sobre as vendas, devolvendo o poder de elección aos comicios e gobernando de acordo co Senado. Despois, afectado por unha enfermidade, o seu comportamento dexenerou e gobernou despoticamente. Á fronte do exército emprendeu campañas paródicas nas Galias e na Xermania, nomeou cónsul o seu cabalo e cando esgotou o tesouro imperial dedicouse ao asasinato de membros destacados da aristocracia aos que lles requisaba os seus bens. Chegou a proclamarse deus e recibiu culto en vida. Morreu asasinado polo tribuno da cohorte pretoriana Casio...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, na comarca da Marina Baixa, nas vertentes do Sistema Prebético oriental (6.322 h [1996]). As actividades principais son a agricultura con plantacións de viña, oliveiras, cereais e legumes, e a gandería lanar e vacúa. A industria limítase a algunhas canteiras, á construción e á manufactura de esparto. Nos últimos anos potenciouse o turismo aproveitando os seus recursos culturais como a igrexa arciprestal de San Joan Baptista (1574), a ermida de Santa Bárbara (s XVIII) e as paisaxes de Les Fonts de L’Algar, conformado polo río Algar, onde se atopan numerosas fervenzas e fontes naturais. Callosa d´en Sarrià constitúe un núcleo que se formou a partir dun casal de orixe árabe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Comezou a súa actividade dramática no grupo da Universidade Laboral da Coruña. Ademais de ser fundador do grupo de teatro e monicreques Petón da Fox, en 1989, e do grupo Birimbau, en 1990, traballou no eido da dobraxe, como actor de teatro e televisión e tamén en curtametraxes. Participou, entre outros, nos espectáculos A esperar por Godot, do Teatro Galileo (1999), e Os vellos non deben de namorarse, do Centro Dramático Galego (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calvinistas das montañas de Cévennes, no Languedoc, que se sublevaron contra Luís XIV de Francia. O seu nome provén do costume de levar unha camisa branca por enriba dos vestidos nos combates nocturnos. A revolta dos camisards iniciouse en 1702 contra a persecución relixiosa exercida a partir da revogación do Edito de Nantes (1685), que prohibía o exercicio público das prácticas relixiosas. A loita foi moi dura e a represión implacable. Os seus principais dirixentes foron Ségnier, Laporte e Cavalier, que derrotaron dúas veces ás tropas reais. O mariscal de Villars (1704), ao mando de máis de 10.000 homes, obrigoulles a aceptar un armisticio. Non obstante, mantivéronse algúns focos de loita ata o 1710.
-
GALICIA
Cantante, compositor e locutor. Diplomouse en Maxisterio, estudiou canto no Conservatori del Liceu con Francisco Kraus, harmonía no Taller de Músics de Barcelona, guitarra con Yoshimi Otani e foi discípulo de Manuel Oltra e Josep Antoni Roda. Membro do coro do Gran Teatre del Liceu (1984) e do grupo de jazz vogal A Capel·la (1990-1993), fundou a Coordinadora Coral Galega de Catalunya e colaborou na revista Alborada (1989-1990). Director do Coro Universitario Galego de Barcelona e do Coro Lonxe da Terra, participa nos programas radiofónicos de ERGAC (Espacios Radiofónicos Galegos en Catalunya). Compuxo a sintonía da coordinadora ERGAC e o arranxo para a banda de Marcha del soldadito de plomo, de F. Kraus, estreada en 1999 no Teatro Pérez Galdós de Las Palmas. Na súa discografía destaca Expreso Estrella (1994) e Porgaleuzca (1996), integrado por versións corais de temas de Voces Ceibes en colaboración co Coro Universitario Galego de Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Reducir considerablemente a forza dunha persoa ou dun animal, a causa dun esforzo, dun traballo ou doutra actividade. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cansa quen dá, que quen pide non cansa nin cansará. Non hai cousa que máis canse có traballo; mais tamén adoita cansar o moito ”.
-
Causar desagrado unha cousa ou alguén que se repite moito ou carece de interese.
-
-
Esgotar ou esgotarse a fertilidade da terra.
-
Deixar de botar auga un manancial.
-
-
Sentir unha diminución da forza debido a algún tipo de actividade.
-
Experimentar desagrado por algo ou alguén que é repetitivo ou que carece de interese.
-
-
PERSOEIRO
Político, historiador e literato italiano. Participou no movemento da Giovane Italia e na Revolución de 1830, formou parte do goberno provisional de Milán durante a revolución de 1848 e foi deputado do Parlamento italiano do 1852 ao 1861 polo grupo liberal católico de Gioberti e de Balbo. Escribiu Margherita Pusterla (1838) e unha Storia Universale (1838-1846).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. Iniciou un tipo de sátira, na que, partindo da mitoloxía, aludía aos costumes da época. Entre as súas obras destacan: Viaggio di Parnaso (1582), Rime piacevoli (1582) e Vita de Mecenate (1604).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio en Oriente destinado a acoller as caravanas. Construídos ao longo das distintas rutas, estaban constituídos por catro corpos, xeralmente cun piso enriba, que formaban un patio cunha fonte no seu centro para as ablucións. Contaban tamén con cociñas, cortes, baños e, ás veces, complementábanse cunha mesquita. Nas cidades, ademais da súa función de hospitalidade, empregábanse para vender as mercadorías e facer todo tipo de operacións comerciais. En Irán desenvolveuse o tipo de catro iwáns das mesquitas ou madrasas e en Siria organizáronse, a partir do s XIII, en patios con arquerías e varios pisos, o inferior para os animais e as mercadorías, e os superiores para os viaxeiros.
-
-
Tumor maligno formado por elementos carcinomatosos e sarcomatosos.
-
Tumor de Wilms.
-
-
PERSOEIRO
Rei de Sardeña (1831-1849). Fillo de Carlos Manuel de Savoia, príncipe de Carignano. Participou no levantamento de marzo de 1821; trala abdicación do seu primo, Víctor Manuel I, instituíuse rexente do reino e proclamou a constitución das Cortes de Cádiz do 1812. Ante a intervención de Austria e a entronización de Carlos Félix no 1821, tivo que retirarse. Loitou xunto cos Cen Mil Fillos de San Luís fronte aos liberais españois en 1823. En 1831 foi proclamado rei e adoptou unha actitude ambigua respecto ao movemento do Risorgimento: reprimiu a axitación mazziana (1833-1834) e adoptou medidas liberais. Encabezou a guerra pola unidade e foi derrotado en San Donato, no 1848, e en Novara, no 1849. Abdicou a favor do seu fillo Víctor Manuel II.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Bos Aires, Arxentina (20.126 h [1991]). Recibe o nome do gobernador electo da provincia que foi responsable da súa fundación na segunda metade do s XIX. Situado a 260 km ao SO de Bos Aires, á beira da liña do ferrocarril e da estrada que conducen a La Pampa, converteuse nun centro estratéxico para a exportación dos produtos agrícolas e gandeiros da rexión. Ademais, as vantaxes que lle proporciona esta boa accesibilidade con respecto á urbe bonaerense, permitíronlle desenvolver un diversificado tecido industrial, favorecido pola creación en 1962 dun parque empresarial no que se elaboran, entre outros, fariñas, produtos lácteos, calzado e curtidos, confección, produtos químicos, ferramentas e mobles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Sardeña (1821-1831). Fillo de Víctor Amadeo III, da dinastía de Savoia, e irmán de Víctor Manuel III, a quen sucedeu. Aboliu a Constitución concedida polo rexente Carlos Alberte e restableceu o goberno absolutista.
VER O DETALLE DO TERMO