Caño, César del

Caño, César del

Cantante, compositor e locutor. Diplomouse en Maxisterio, estudiou canto no Conservatori del Liceu con Francisco Kraus, harmonía no Taller de Músics de Barcelona, guitarra con Yoshimi Otani e foi discípulo de Manuel Oltra e Josep Antoni Roda. Membro do coro do Gran Teatre del Liceu (1984) e do grupo de jazz vogal A Capel·la (1990-1993), fundou a Coordinadora Coral Galega de Catalunya e colaborou na revista Alborada (1989-1990). Director do Coro Universitario Galego de Barcelona e do Coro Lonxe da Terra, participa nos programas radiofónicos de ERGAC (Espacios Radiofónicos Galegos en Catalunya). Compuxo a sintonía da coordinadora ERGAC e o arranxo para a banda de Marcha del soldadito de plomo, de F. Kraus, estreada en 1999 no Teatro Pérez Galdós de Las Palmas. Na súa discografía destaca Expreso Estrella (1994) e Porgaleuzca (1996), integrado por versións corais de temas de Voces Ceibes en colaboración co Coro Universitario Galego de Barcelona.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Castrelo de Miño