"Set" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 192.

    1. Cada unha das partes en que se divide un partido de tenis ou dalgún outro deporte.

    2. plató.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. 1 frecha.

    2. Agulla do reloxo.

    3. Agulla imantada do compás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación boreal situada entre as de Hércules, Raposa, Delfín e Aguia. Contén 28 estrelas visibles sen telescopio, das que hai dúas de segunda magnitude e oito de terceira. A estrela principal, á-Sagittae ou Sham, é unha estrela superxigante de magnitude 2,37 e situada a unha distancia de 540 anos luz. Dos astros destacados da constelación cabe sinalar unha nova recorrente, catalogada como a N-Sagittae.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos pelos ou aos apéndices filamentosos ríxidos como as sedas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello das Neves baixo a advocación de santa Euxenia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome do concello das Neves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia da poáceas, anuais ou perennes, con inflorescencias espiciformes con dúas flores. En Galicia, a especie principal é o paínzo, S. viridis, aínda que tamén se atopa a especie S. verticillata por todo o territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Número cardinal que equivale a seis máis un.

    2. Que ocupa o lugar número sete nunha serie.

    3. Representación gráfica deste número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 7 e na romana por VII.

    4. Cousa que nunha serie vai marcada co número sete.

    5. Sétima hora despois do mediodía ou de medianoite. OBS: Xeralmente vai precedida do artigo determinado as.

    6. Rachadela na roupa que ten a forma do número sete.

    7. lingua de ovella.

    8. Xogo de naipes no que cada carta ten o valor que representa, menos as figuras, que valen media.

    9. 2 solda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito bélico que enfrontou a Ingaterra e Prusia contra Francia, Austria e os seus aliados, entre 1756 e 1763. Foi provocada pola rivalidade colonial entre Inglaterra e Francia e polo intento por parte de Austria de recuperar Silesia, ocupada por Prusia. As tropas prusianas de Federico II ocuparon Saxonia (1756), pero a alianza entre Saxonia, Rusia e Suecia con Austria e Francia (Tratado de Versailles, 1757) obrigounos a abandonar as súas conquistas. O exército prusiano derrotou os franceses e saxóns en Rossbach (1757), os austríacos en Leuthen (1757) e os rusos en Zorndorf (1758), mais foi derrotado en Kunersdorf (1759) polos rusos. O acceso ao trono do Tsar Pedro III, bo admirador do espírito prusiano, significou a retirada de Rusia da guerra, seguida tamén por Suecia. A superioridade naval de Inglaterra permitiu o bloqueo das costas francesas. Os británicos ocuparon Québec (1759) e Montréal (1760) e derrotaron os franceses en India (Pondichery, 1761). A intervención de España, provocada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zoca da zona do Cebreiro e Cervantes cuns furados polos que se pasan unhas correas que se atan á perna por debaixo do xeonllo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sete veces cen.

    2. Que ocupa o lugar número setecentos nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor ordinal e, polo tanto, equivale a septinxentésimo.

    3. Representación gráfica deste número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 700 e na romana por DCC.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Valga baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia, baixo a advocación de santo Eufemio, do concello de Monterroso, hoxe parroquia de Satrexas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Donramiro (Lalín). O seu cumio acada os 684 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Abertura estreita nun muro ou parede que serve para disparar setas por ela.

    2. Abertura estreita e pequena que se encontra especialmente nas escaleiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen dispara setas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mes de setembro.

      1. Relativo ou pertencente á revolución de setembro de 1836 en Portugal.

      2. Partidario da revolución de setembro de 1836 en Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Noveno mes do ano que ten 30 días e no antigo calendario romano era o sétimo dos meses.

    VER O DETALLE DO TERMO