"URA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1529.
-
-
-
Nome, apelido e xeralmente rúbrica, autógrafos, cos que se subscribe un documento para certificar quen é o seu autor, quen aproba o seu contido, quen interveu nel ou quen estivo presente na súa redacción. Nun principio indicaba o sinal autógrafo anteposto á subscrición e que adoitaba substituíla, pero a partir do uso do selo (s XII) caeu en desuso. Designou despois a marca profesional do notario, que se ía adornando ata chegar a facer debuxos complicados (ss XIII-XIV) chamados signo maior, aos que, para facilitar a súa identificación, se lles engadían en cursiva algunhas letras do nome ou todo o nome, seguidas da rúbrica ou signo menor, orixe da sinatura actual. Desde un punto de vista xurídico, a sinatura ten que incluír o nome patronímico e os apelidos, aínda que se admite tamén a media sinatura, en que se omite o nome de pía. No caso das persoas que non saben escribir, a validez é acreditada pola impresión dixital do dedo índice ou, nalgunhas actas notariais, pola mención expresa do...
-
Nome do autor dunha obra de arte, inscrito nunha parte visible ou non visible dela, como constancia da súa paternidade.
-
-
Acción de asinar.
-
-
Serie ordenada de símbolos, expresados polo xeral mediante cifras ou letras, que corresponden normalmente ás materias das que tratan os libros ou á cronoloxía ou topografía dos documentos. Serve para ordenalos en bibliotecas e catálogos, de acordo cos diversos sistemas de clasificación.
-
Indicación da signatura no lombo dos libros, e moitas veces no frontispicio ou noutra páxina, e que consta tamén nas fichas do catálogo.
-
-
-
Sinal posto ao pé da primeira páxina de cada prego dun libro que serve para indicar como hai que pregalo e a orde en que hai que colocar os pregos durante o alzado. A signatura adoita consistir nunha sigla, que indica a obra á que pertence o prego, seguida do número de orde de cada prego.
-
Cada un dos pregos que compoñen un volume.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en 1951. Seis anos despois, baixo a presidencia de Miguel González Garcés, iniciou unha nova etapa máis orientada á promoción cultural. Entre esas actividades destaca a creación dun grupo de Teatro de Cámara e Ensaio dirixido por Antonio Naveira Goday. Esta agrupación presentou en 1959 o espectáculo O incerto señor Don Hamlet, a partir da obra homónima de Álvaro Cunqueiro e en 1961 estreou Os vellos non deben de namorarse, a partir do texto de Castelao. A pesar dos atrancos que houbo que superar e do escaso número de funcións realizadas, a estrea destes dous espectáculos veu confirmar a necesidade e as posibilidades dun teatro en lingua galega, marcando o inicio dunha lenta pero progresiva normalización da actividade teatral en Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de restauradores galegos, espallados por toda España, que naceu en 1986, pola iniciativa dun grupo de propietarios de restaurantes, encabezados por Indalecio Pascual, coa idea de aunar esforzos a prol da defensa e promoción colectiva dos valores culturais e gastronómicos da cociña galega. Ata 1996 estivo presidida por José Limeres Guillé e, dende entón, ocupa a presidencia Elicio Magallanes Rodríguez. Esta asociación, que ten representantes nas catro provincias galegas e tamén en Madrid, Barcelona, Badajoz e Huelva, colabora habitualmente coa administración galega en proxectos divulgativos da gastronomía de Galicia e, dende os seus comezos, edita anualmente a revista Lareira, de contidos gastronómicos-turísticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización fundada en 1980 en Santiago de Compostela. Pertencen a ela 1.500 apicultores asociados que se agrupan en delegacións comarcais. Dende a asociación facilítase información e asesoramento técnico, servicios de seguros apícolas, de laboratorio, de sanidade apícola e análises de meles. Elabóranse materiais didácticos, celébrase o Día do Apicultor e a Semana do Mel. Organízanse tamén cursos, xornadas técnicas e exposicións. No ano 1985 cerca de 300 asociados formaron a Cooperativa Erica Mel. Internamente difúndese a revista Abelleira.
-
Associação Cultural de Língua, Literatura e Cultura Lusófonas-Irmandades da Fala da Galiza e PortugalVER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1982 en Pontevedra (A Seca) e, en 1991, en Braga. Legalizada no Estado español (20.7.1983) e portugués (8.8.1991) está presidida por Jose Luis Fontenla (Galicia) e Mª Rosa da Rocha Valente (Braga), contando ademais cos codirectores Antonio Gil Hernández (Galicia), Cristrina Mello (O Brasil) e J. L. Pires Laranjeira (PALOP). O seu obxectivo é a defensa da Lusofonía e a promoción da lingua portuguesa en Galicia, O Brasil, nos Palop (Países Africanos de Lingua Oficial Portuguesa), Timor, etc. Esta asociación organiza congresos sobre lingua, cultura e literatura dos pobos lusófonos; defende o Acordo Ortográfico de 1990 que unifica as variantes galega, portuguesa e brasileira dentro do diasistema portugués e promove o intercambio cultural e científico entre os países de lingua portuguesa, tendo colaboradores nas principais universidades galegas, portuguesas, brasileiras ou africanas, así como nas de San Petersburgo, Nova York, Utrecth, Hamburgo, Kyóto, etc. Baixo o nome...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sensación de secura e ardor producida pola sede.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Na mitoloxía hindú, espírito maléfico. Os asura, asociados á escuridade, á mentira e ao erro, promoven a guerra contra os deuses.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á locución ‘facer burla’.
-
-
Acción e efecto de atacar.
-
Acción e efecto de atacarse, fartarse de comer.
-
-
-
Acción e efecto de atar.
-
Aparello que se emprega para atar.
-
Cousa, idea, sentimento, que liga a unha persoa ou animal.
-
Calquera cousa que impide ou limita a liberdade de movemento, especialmente referido aos obstáculos que non deixan avanzar nun determinado sentido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade nacida na vila de Vilalba en 1934. Foi presidida por Sebastián Martínez Risco, escritor galego e presidente da Real Academia Galega. Esta institución desenvolvía unha serie de actividades vencelladas á cultura tales como a organización de conferencias -coa participación de Otero Pedrayo, Filgueira Valverde, Noriega Varela e Demetrio Méndez Curiel, entre outros-, xunto con concertos e recitais musicais, representacións teatrais, -alí estreouse a obra El poder de la conduta de Martínez Risco-, e bolsas de estudios para o Instituto Manuel Murguía da mesma localidade. Desapareceu no ano 1936.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de atesourar.
-
-
Reunir, acumular unha serie de riquezas, bens, etc, en gran cantidade.
-
Posuír unha persoa boas calidades ou perfeccións.
-
Colocar algo ou alguén nun lugar onde non poida ser visto ou atopado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode aturar ou soportar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de aturar.
-
-
Sufrir resignadamente unha desgracia, unha aldraxe, unha dor, etc ou a persoa que o provoca.
-
Soportar unha situación á forza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos augures ou aos augurios.
-
-
Predicir o que vai ocorrer baseándose en determinados indicios.
-
Ser unha cousa anuncio de algo que vai suceder nun futuro máis ou menos próximo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura de Unetíce.