atadura

atadura

(< atar)

  1. s f

    Acción e efecto de atar.

    Sinónimos: ligadura. Confrontacións: amarre.
  2. s f

    Aparello que se emprega para atar.

    Sinónimos: amarradura, atadallo, liame, ligadura, .
  3. s f

    Cousa, idea, sentimento, que liga a unha persoa ou animal.

    Ex: Non foi quen de romper as ataduras que o unían coa súa familia.

    Sinónimos: vínculo. Antónimos: desvinculación.
  4. s f

    Calquera cousa que impide ou limita a liberdade de movemento, especialmente referido aos obstáculos que non deixan avanzar nun determinado sentido.

    Ex: As ataduras que mantén coa familia impídenlle manter unha vida independente.

    Sinónimos: atranco, impedimento.

Refráns

  • Atar, sabendo que has desatar.
  • Ben ates, pero que desates.
  • Burro pexado non salta valado.
  • Nín de sabugueiro bo vencello nin de cuñado bo consello.
  • Procura atar, pensando que has desatar.
  • Quen ben ata, ben desata.

Palabras veciñas

atado -da | atadoiro | atador -ra | atadura | atafal | atafarrilla | atafegado -da