atado -da

atado -da

(< atar)

  1. p reg

    de atar.

  2. adx

    Que se ata ou axusta, ben con cordas, ben con calquera outro elemento, que non permite a mobilidade.

    Ex: Non me gusta atopar o can atado.

  3. adx

    Que ten pouco valor ou ánimo para emprender algunha cousa ou para enfrontarse ás dificultades ou aos perigos.

    Ex: Non foi quen de dicirlle nada, é bastante atado.

    Sinónimos: petapouco. Confrontacións: covarde.
  4. adx

    Apegado ao diñeiro, pouco amigo de dar e gastar.

    Ex: Nunca paga ela os cafés, é bastante atada.

    Sinónimos: cutre.
  5. s m

    Conxunto de obxectos atados de calquera xeito.

    Ex: Trouxemos a palla en atados.

    Confrontacións: envurullo, fardo.
  6. s m

    Conxunto de papeis relativos a un asunto, que se gardan nunha carpeta suxeitos con cordeis, fitas, etc.

    Ex: Atoparon un atado cos nomes dos fregueses de principios do século pasado na igrexa vella.

Frases feitas

  • Ser un atado. Ser tacaño.

  • Verse alguén atado de pés e mans. Atoparse sen liberdade ou impedido.

Palabras veciñas

atacuñar | atadallo | atadeiro -ra | atado -da | atadoiro | atador -ra | atadura