atado -da
(< atar)
-
p reg
de atar.
-
adx
Que se ata ou axusta, ben con cordas, ben con calquera outro elemento, que non permite a mobilidade.
Ex: Non me gusta atopar o can atado.
-
adx
Que ten pouco valor ou ánimo para emprender algunha cousa ou para enfrontarse ás dificultades ou aos perigos.
Ex: Non foi quen de dicirlle nada, é bastante atado.
Sinónimos: petapouco. Confrontacións: covarde. -
adx
Apegado ao diñeiro, pouco amigo de dar e gastar.
Ex: Nunca paga ela os cafés, é bastante atada.
Sinónimos: cutre. -
s
m
Conxunto de obxectos atados de calquera xeito.
Ex: Trouxemos a palla en atados.
Confrontacións: envurullo, fardo. -
s
m
Conxunto de papeis relativos a un asunto, que se gardan nunha carpeta suxeitos con cordeis, fitas, etc.
Ex: Atoparon un atado cos nomes dos fregueses de principios do século pasado na igrexa vella.
Frases feitas
-
Ser un atado. Ser tacaño.
-
Verse alguén atado de pés e mans. Atoparse sen liberdade ou impedido.