(< lat nōdu)

    1. s m

      Entrelazamento estreito das partes dun ou máis corpos flexibles, como poden ser fíos, cordeis, cordas e cintas, que xeralmente se estenden ao estirar as súas capas, pero que permite ser desfeito con facilidade e que se emprega para suxeitar ou ligar algunha cousa ou para unir dúas capas.

    2. nó de cadea

      Nó que se fai envolvendo un cordel ou un cabo sobre el mesmo, de maneira semellante ás argolas dunha cadea, que se emprega para colgar algunha cousa a unha altura que pode ser graduable.

    3. nó mariñeiro [MAR]

      Nó que empregan os mariñeiros para unir dous cabos.

    1. s m [BOT]

      Nivel do talo, a miúdo en forma de engrosamento, onde se insire unha folla ou un verticilo foliar.

    2. s m

      Parte máis escura, dura e de forma arredondada da madeira por onde agroma a póla.

    3. s m [ANAT]

      ulto exterior dos dedos da man cando se dobran, onde se atopan os artellos.

    4. s m [PAT]

      Aumento do volume ou endurecemento anormal dos tecidos dun órgano nun espazo limitado.

    5. nó da gorxa [ANAT]

      noz.

    6. nó do encéfalo [ZOOL]

      protuberancia anular.

    7. nó falso [PAT]

      Tumefacción que presenta o cordón umbilical e que é de natureza vascular ou xelatinosa.

    8. nó varicoso [PAT]

      Nó que está constituído por un retorcemento vascular.

    9. nó verdadeiro [PAT]

      Nó formado polo cordón umbilical, que, ao estiralo, se pode romper e producir a morte do feto.

  1. s m
    1. [MAR]

      Cada un dos puntos de división dun cabo que se utiliza para medir a velocidade dun barco. A distancia entre cada dous consecutivos equivale teoricamente a 1/120 de milla (15,43 m), pero na práctica é de 14,5 m.

    2. [MAR/METROL]

      Unidade mariña de velocidade que equivale a unha milla por hora.

    1. s m

      Punto onde se xuntan ou concorren diferentes cadeas de montañas.

    2. s m [CONSTR]

      Punto en que concorren dúas ou máis pezas dunha armadura.

    3. s m [TECNOL]

      Punto dun circuíto ou dunha rede onde conflúen máis de dous condutores ou máis de dúas ramas. En todos os nós cúmprese sempre a primeira das leis de Kirchhoff.

    4. nó de autoestradas [TRANSP]

      Enlace de autoestradas que permite pasar dunha calzada a calquera das outras sen interseccións a nivel.

    5. nó de comunicacións [TRANSP]

      Punto onde se xuntan varias vías de comunicación.

  2. s m [LIT]

    Parte dunha obra literaria en que os obstáculos complican a acción e que predí o desenlace ou a catástrofe.

  3. s m

    Ligamento estreito que une as persoas.

  4. s m

    Punto principal dun problema.

  5. [MAT]
    1. s m

      Curva simple e pechada en S 3 =O 3 + <.

    2. teoría dos nós

      Análise matemática dos posibles tipos de nós e dos métodos para determinar cal dos nós son equivalentes por deformacións topolóxicas.

  6. [TÉXT]
    1. nó de Esmirna

      Nó moi resistente que se emprega nas alfombras de Esmirna atadas á man, para ligar os seus fíos de pel aos fíos de urdime, en que as dúas puntas dun fío de pel saen xuntos entre dous fíos de urdido.

    2. nó de tecedor

      Nó que empregan, especialmente os tecedores, para xuntar as dúas partes dun fío roto. Faise dispoñendo un dos cabos en forma de lazo escorredor que é introducido con outro cabo. OBS: Tamén se denomina nó de rede e nó de uña.

    3. nó persa

      Nó que se emprega nalgunhas alfombras orientais feitas á man, para ligar os seu fíos de pel aos fíos de urdido, en que as dúas puntas dun fío de pel saen xuntos entre dous fíos de urdido.

  7. nó gordiano
    1. [MIT]

      Nó extremadamente complicado, que fixaba o xugo ao temón do carro de Gordias, mítico rei de Frixia, que segundo o oráculo, daría o dominio de Asia a quen o desatase. Foi Alexandre o Grande quen o conseguiu ao cortalo coa súa espada en 334 a C.

    2. Dificultade que non pode ser resolta dunha maneira normal.

Palabras veciñas

NMR | 1 no | 2 no | | No | | NO