Publicación editada en Vigo a partir do 1 de outubro de 1986 que cesou en 1987 (nº2). Subtitulada “Asociación de Escritores en Lingua Galega”, substituíu a Escrita como voceiro desa entidade. De periodicidade anual, saíron dous números, coordinados por X. M. Álvarez Cáccamo. Incluíu textos literarios e artigos de carácter filosófico, histórico e científico. Na súa redacción participaron Mª Xosé Queizán, Pilar García Negro e Román Raña.