ligadura
(< lat ligatūra)
-
s
f
Acción e efecto de ligar.
-
s
f
Cousa que serve para ligar ou atar.
Sinónimos: atadura. -
[MED]
-
s
f
Acción e efecto de unir ou obstruír un vaso ou órgano oco dun organismo.
-
s
f
Nó feito de diversos materiais (cordón, fío ou arame) que se pon ao redor dun membro para comprimilo. Xeralmente póñense ao redor dun vaso sanguíneo para evitar unha hemorraxia.
-
ligadura de trompas
Intervención cirúrxica de esterilización feminina que consiste en practicar unha oclusión, mediante grampas ou clips, seguida habitualmente dunha sección, resección ou cauterización das trompas de Falopio.
-
s
f
-
s
f
[MÚS]
-
Signo da notación musical medieval que unía dúas notas co mesmo trazo.
-
Combinación de dúas figuras, unha longa e unha breve, na notación medida.
-
Trazo curvilíneo con que se indica nunha partitura musical que dúas notas ou máis deben ser interpretadas cunha soa emisión sonora.
-
-
s
f
[ARQUIT]
Nervio, nunha bóveda de crucería, que une a clave co vértice dos terceletes.