ligadura

ligadura

(< lat ligatūra)

  1. s f

    Acción e efecto de ligar.

  2. s f

    Cousa que serve para ligar ou atar.

    Sinónimos: atadura.
  3. [MED]
    1. s f

      Acción e efecto de unir ou obstruír un vaso ou órgano oco dun organismo.

    2. s f

      Nó feito de diversos materiais (cordón, fío ou arame) que se pon ao redor dun membro para comprimilo. Xeralmente póñense ao redor dun vaso sanguíneo para evitar unha hemorraxia.

    3. ligadura de trompas

      Intervención cirúrxica de esterilización feminina que consiste en practicar unha oclusión, mediante grampas ou clips, seguida habitualmente dunha sección, resección ou cauterización das trompas de Falopio.

  4. s f [MÚS]
    1. Signo da notación musical medieval que unía dúas notas co mesmo trazo.

    2. Combinación de dúas figuras, unha longa e unha breve, na notación medida.

    3. Trazo curvilíneo con que se indica nunha partitura musical que dúas notas ou máis deben ser interpretadas cunha soa emisión sonora.

  5. s f [ARQUIT]

    Nervio, nunha bóveda de crucería, que une a clave co vértice dos terceletes.