Liga Santa

Liga Santa

Nome que recibiron distintas coalicións durante os ss XV e XVI. A primeira constituíuse entre 1495 e 1496 e estivo integrada polo Papa Alexandre VI, Fernando o Católico, Milán,Venecia e Maximiliano I de Austria contra Carlos VIII de Francia, que foi derrotado. A segunda, promovida polo Papa Xulio II entre 1508 e 1512, uniu de novo a España, Inglaterra, Venecia e os Habsburgo contra Luís XII de Francia e malia que os franceses venceron na Batalla de Ravenna, tiveron que abandonar o Ducado de Milán. A terceira, denominada tamén Liga de Lepanto, uniu os Estados Pontificios, Venecia e España contra os turcos despois da toma de Chipre (1570). Ao mando de Xoán de Austria derrotaron os turcos en Lepanto (1571). A cuarta liga, coñecida tamén como Santa Unión ou Liga Católica, constituíuse como un movemento católico francés en resposta á Unión Calvinista (1576), que recibiu o apoio de España. Despois do pacto entre a Liga e Enrique IV de Francia (1593) os españois retiráronse.