ligamento

ligamento

(< lat ligamentu)

  1. s m

    Acción e efecto de ligar ou ligarse.

  2. s m [ANAT]
    1. Lámina, feixe ou cordón de tecido fibroso, compacto e pouco extensible, que serve de unión ás articulacións ou entre algunhas partes do óso ou cartílagos.

    2. Estrutura membranosa destinada á suxeición dun órgano.

  3. s m [XEN]

    Asociación de xenes que tenden a pasar dunha xeración a outra como un grupo unido, polo que non se segregan ao azar e non cumpren a terceira lei de Mendel. A causa do fenómeno de cruzamento pódense separar.

  4. s m [TÉXT]
    1. Disposición de entrelazado dos fíos de urdido coas pasadas de trama nos tecidos. Adoita repetirse regularmente ao longo e largo do tecido e o número de fíos ou pasadas denomínase curso de urdido ou de trama. Os ligamentos represéntanse sobre unha cuadrícula, e un signo calquera nun dos cadros significa que o fío de urdido pasa sobre a pasada da trama, mentres que os cadrados en branco significan que o fío de urdido pasa por debaixo da pasada. O ligamento ten un graduado ou salto por urdido e un por trama. Nun ligamento regular, o graduado de urdido represéntase pola letra e (se é de trama por et) seguida dunhas cifras que indican os saltos nos fíos sucesivos. A base de evolucións represéntase pola letra b (se é de trama bt) seguida dunhas cifras que indican alternativamente os toma e deixa sucesivos. Cando un ligamento ten o graduado continuo, represéntase pola letra e seguida dunha cifra, que é o graduado continuo en sentido ascendente cara á dereita, e outra cifra á súa esquerda, que é o graduado en sentido ascendente cara á esquerda. O tafetá, tea ou plana, é o ligamento máis simple. Só ten un representante para 1 e 1 , cun curso de dous fíos e dúas pasadas. As sargas están representadas por n e 1 (sendo sempre n > que 1) e producen uns efectos en diagonal. Os saténs represéntanse por m e n , m e n son primos entre eles e máis grandes que 1.

    2. Representación gráfica dun ligamento.

Palabras veciñas

Liga Santa | ligado -da | ligadura | ligamento | ligamentopexia | ligamentoso -sa | ligando