Liga Rexional Galega

Liga Rexional Galega

Organización constituída na Coruña en 1897 ao redor da tertulia da Cova Céltica, reforzada pola presenza na cidade de Manuel Murguía. Integrada por un grupo de intelectuais rexionalistas, dos que destacaban Salvador Golpe, Manuel Lugrís Freire e Uxío Carré Aldao, tiña como obxectivos destacar a defensa dos intereses materiais, morais, políticos e sociais de Galicia. O seu voceiro foi a Revista Gallega, semanario fundado por Galo Salinas. Sostiveron algunhas campañas pola unificación e purificación da escritura en galego, a obtención da autonomía e a defensa do emprego do galego nas escolas rurais. Desde comezos do s XX as súas actividades reducíronse ao apoio de iniciativas culturais, como a fundación da Real Academia Galega (1906).

Palabras veciñas

Liga Galega de Santiago | Liga Norte | Liga Obrera Comunista | Liga Rexional Galega | Liga Santa | ligado -da | ligadura