"USA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 381.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de endeusar ou endeusarse.
-
-
Tratar a alguén como se fose un deus, resaltando as súas calidades positivas.
-
Considerarse alguén un deus.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Realizou estudios en Lyon e recibiu a influencia de F. Mauriac. Da súa produción destaca Katorikku Sakka no Mondai (Problemas dun escritor católico, 1949), Shiroi hito (O home branco, Premio Akutagawa 1955), Kiiroi hito (O home amarelo, 1955), Aoi chiisana budo (As pequenas uvas azuis, 1956), Umi to dokuyaku (O mar e o peixe, 1957), Chimmoku (Silencio, 1966), O samurai (1980) e Escándalo (1986). Membro da Academia das Artes, foi presidente do Pen Club (1985-1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Introducir unha cousa dentro doutra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de medusa propia dos escifozoos. Caracterízase pola ausencia de veo, por presentar a beira da umbrela lobulada con catro ou oito tentáculos longos, intercalados con tentáculos curtos ou ropalias, e por ter o manubrio moi desenvolvido e provisto no seu extremo de catro brazos alongados que envolven a boca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recinto pechado e localizado nunha canle de navegación, dotado de portas movibles de entrada e saída, que se poden abrir ou pechar segundo se queira conter as augas ou deixalas circular, coa finalidade de permitirlles aos navíos salvar as diferencias de nivel existentes na canle.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. A partir de 1977 dedicouse ao ensino da fotografía na escola de deseño Eina de Barcelona, que combinou co seu labor de fotógrafo independente. Das súas series de fotografías destacan Nosus (1985), Aquariana (1988), Barcelona, ciutat imaginada (1988), premiada en Arlés, e Trencadis. Publicou Flor de Claus (1994), con textos de Joan Brossa, e Aquariana (1994). Expuxo na Fundació Joan Miró de Barcelona, no Centro de Arte Reina Sofía de Madrid e en Londres, Nova York e Toquio. Participou na III edición da Fotobienal de Vigo (1988) e na mostra itinerante sobre a obra de Gaudí que percorreu diversas capitais europeas (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Razón ou motivo que se alega para xustificar unha acción, omisión ou falta.
-
Explicación con que se intenta pedir perdón ou manifestar pesar por algunha ofensa ou molestia.
-
-
Excepción ou descargo.
-
Motivo alegado para non exercer un cargo ou tutela.
-
escusa absolutoria
Causa legal que exime da responsabilidade criminal.
-
-
-
MONTES
Monte que serve de fronteira hispanolusa no territorio da parroquia de Abades, concello de Baltar. O seu cumio acada os 1.234 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que admite escusa ou é digno dela.
-
Que se pode evitar ou omitir.
-
-
-
de escusar ou escusarse.
-
Que é inutil para o fin que se desexa.
-
Tributario que se escusaba de pagar ao señor ou ao rei, senón que pagaba directamente á persoa ou comunidade á que se lle concedera o privilexio.
-
Labrego escollido polo rei para que lle cobrase e pagase os décimos.
-
Dereito que tiña a Facenda Real para escoller, entre as casas dunha parroquia, a casa que pagaría o décimo ao rei en vez da Igrexa.
-
Cantidade que as casas do décimo rendían.
-
Tribunal en que se resolvían os preitos relacionados coas casas do décimo.
-
Imposto concedido polo papa á monarquía hispánica o 15 de xullo de 1567, en substitución da cruzada. Consistía na percepción dos décimos e dos dereitos da terceira casa de cada parroquia. Filipe II mellorouno ao conseguir que a casa que tributase non fose a terceira senón a primeira casa da parroquia. A concesión inicial fíxose por cinco anos, coa condición de que o diñeiro recadado se empregase nas guerras contra os turcos e os ingleses. Renovouse de forma sistemática e, tralo Concordato de 1753, a concesión fíxose perpetua. Aboliuse no Concordato de 1851.
-
-
-
-
Presentar motivos ou razóns para xustificar algo ou a alguén.
-
Servir de escusa ou pretexto para algo.
-
-
Perdoar ou considerar libre de culpa unha acción ou palabra.
-
Non ser necesaria ou útil algunha cousa. OBS: Emprégase seguido de infinitivo con ou sen a preposición de.
-
-
Xustificar con razóns unha acción ou omisión.
-
Presentar escusas por ter ofendido ou molestado a alguén.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Grande (1308? - Diavoli 1355) Rei de Serbia (1331-1346), tsar de Serbia (1346-1355), fillo de Estevo VIII Uroš III Dečanski. Exiliado en Constantinopla na súa xuventude, buscou a creación dun imperio serbio-bizantino que detivera o avance turco. Aliado co emperador bizantino Xoán VI Cantacuceno desde 1341, conquistou Macedonia (1342-1345), Tesalia, Acarnania, Epiro e Etolia (1348), pero non conseguiu recuperar a Herzegovina dos bosnios. Despois de facerse coroar tsar dos Romanos, dos serbios, dos búlgaros e dos albaneses en Skopje, deu unha maior independencia á Igrexa ortodoxa serbia ao conceder a dignidade de patriarca ao bispo de Peć. Durante o seu reinado elaborouse o Dusanov Zakonik, primeiro código legal de Serbia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zona atmosférica de transición entre a estratosfera e a mesosfera, situada a uns 45-50 km da superficie terrestre. Nela ten lugar unha inversión na variación de temperatura coa altura.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Licenciouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1920). As súas primeiras obras, entre outras a igrexa da Milagrosa (1928) e o seminario de Pamplona (1931), reflectiron o gusto polos elementos góticos e mudéxares. Entre outras obras, destacan o casino Eslava (1931) e o asilo de Tafalla (1933), onde amosou a influencia do racionalismo, e a igrexa de Puy (Estella, 1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Musicólogo. Franciscano, estudiou nos seminarios de Herbón, Ponteareas e Santiago de Compostela, onde se ordenou en 1951. Exerceu a docencia e en 1966 fundou en Santiago de Compostela o orfeón Terra a Nosa, do que foi director. Das súas composicións destacan numerosos vilancicos e a peza Misa gallega, para órgano e coro. Recibiu a Medalla de Galicia (1992) e foi nomeado fillo predilecto de Cartelle.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquiveiro, historiador e filólogo. Doutor en Filosofía e Letras (1940), foi director do arquivo xeral do ministerio de Información e Turismo e da Hemeroteca Nacional. Profesor de prehistoria e historia antiga na Universidad de Madrid, obtivo a cátedra de Filoloxía na Universidad de Murcia en 1945. Das súas obras destacan Fray Benito Jerónimo Feijoo y sus mejores páginas seleccionadas (1939), Un gran dicionario latino del siglo XIII (1940), La enseñanza del latín en Nueva España (1941), Catálogo de los Códices Clásicos latinos de la Biblioteca Universitaria de Salamanca (1942), San Valerio como fuente histórica. La España del siglo VII (1943), El “explicit” de códices fechados españoles en el siglo XV (1945), Abadologio del monasterio de Osera 1672 a 1824 (1945), Dicionario del latín dos canteiros de Galicia (1946), Los manuscritos gramaticales latinos de la Biblioteca Nacional (1947), Publicaciones diarias...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico. Doutorouse en Bioquímica pola Universidad Complutense de Madrid (1971) e licenciouse en Dirección de Empresas polo Instituto de Estudios Superiores de Empresa (IESE). Foi catedrático de Bioquímica na Universidad Complutense de Madrid e na Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1967 e 1979 traballou como investigador nos laboratorios de ICI-Pharmaceuticals, de Shell, da Basel University (Suíza), da Washington University (Saint Louis, Missouri) e do Institute de Biologie Physico-Chimique da Foundation Edmon de Rothschild (París). Entre 1979 e 1985 foi director dos proxectos de investigación de Antibióticos SA, que incluíron estudios sobre ADN recombinante e a busca de novos antibióticos. En 1985 pasou a presidir o consello de administración de Zeltia. En 1986 fundou PharmaMar, compañía de biotecnoloxía que se dedica ao descubrimento e desenvolvemento de fármacos de orixe mariña. En 1990 fundou PharmaGen, compañía de biotecnoloxía dedicada á análise de ADN con aplicacións...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Mañufe (Gondomar). Fundouse, segundo unha inscrición conservada no lintel da porta, en 1757. Ten planta rectangular con baixo, destinado a adega, e piso. Conserva un pequeno patín.
-
GALICIA
Escritora. Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e en Historia de América pola Universitat de Barcelona. Da súa produción destaca Querido Corto Maltés (Premio Nuevos Narradores 1994), Las cenizas de la Bounty (1998), Tiernos y traidores (1999), Fronteras de Arena (2001) e Adiós, muñeca. Cuaderno de cine (2002).
VER O DETALLE DO TERMO