"Zos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 154.
-
MONTES
Monte situado na parroquia da Cela (Lobios). O seu cumio acada os 700 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Relixioso. Doutor en Sagrada Teoloxía e Dereito Canónico, foi presbítero (1901), cóengo tesoureiro (1918), deán (1930) e presidente do cabido da catedral de Santiago de Compostela. Foi tamén catedrático no Seminario Conciliar (1901-1902; 1929-1940). O Papa Paulo VI nomeouno prelado doméstico da Súa Santidade. Escribiu Catecismo Social (1910), Don Diego de Muros, deán de Santiago, obispo de Mondoñedo y de Oviedo y de su colegio de Salamanca (1944), Anotaciones al tumbo A de la Catedral de Santiago (1949), Orígenes del culto al Apóstol Santiago en España (1953), Galicia en los tiempos de los Fonseca (1957), Origen del topónimo Compostela (1958), La Guerra de la independencia en Galicia (1964) e O Cañón de pau (1976). Foi membro correspondente da Real Academia Española, académico de número da Real Academia Galega (1941) e membro do Seminario de Estudos Galegos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado de quinazolina que se presenta en forma de pos de cor branca, moi pouco solubles en auga e alcol. Actúa bloqueando selectivamente os receptores adrenérxicos. Emprégase como antihipertensivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
preguiceiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Santiago de Compostela que comprende 44 parroquias, das que 28 son matrices e 16 anexos, distribuídas nos concellos de Aranga, Betanzos, Irixoa, Miño, Monfero, Paderne, Pontedeume e Vilarmaior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza situada en cada un dos laterais dun asento que serve para apoiar os brazos.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Baleira baixo a advocación de santa María Madanela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de diatomeas, da familia das rizosoleniáceas, que forman parte do plancto mariño, capaces de cambiar de forma segundo a temperatura, así no verán teñen a cuncha longa e ancha, con extremos agudos, e no inverno é curta e obtusa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
olume de solo en contacto directo coas raíces dunha planta.
-
-
Relativo ou pertencente aos rizóstomos.
-
Cnidario da orde das rizóstomos.
-
Orde de cnidarios, da clase dos escifozoos, que se caracterizan polo gran número de ostíolos que se abren na superficie dos seus oito apéndices ramificados, que en realidade son brazos bucais moi modificados. O máis coñecido é a medusa azul.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Fornelos, Salvaterra de Miño 1763 -?) Mestre de arquitectura e de escultura. Coñecido como o mestre de Fornelos, destacou polo seu peculiar tratamento de rostros e roupas nas súas tallas en madeira. Realizou o retablo de Santa María do Camiño en Santiago (1701) e o da capela da Preñada na catedral de Santiago (1703), así como diversos retablos en San Xoán de Fornelos. Para a catedral de Tui realizou o retablo da capela de San Pedro, os mobles de caixóns da sancristía, as caixas dos órganos, así como traballos de cadeirado e as cancelas de madeira para o altar maior. Atribúeselle o retablo maior do mosteiro das clarisas de Tui, o retablo maior do mosteiro de San Pedro de Tenorio e o retablo-baldaquino de Santa Cruz de Valomar en Covelo.
-
GALICIA
Relixioso franciscano. Colaborou nas publicacións Archivo ibero-americano e El Eco Franciscano, da que foi director. Publicou La Santa Misa, Glorificación de la Santísima Trinidad (1943) e El Episcopado gallego a la luz de los documentos romanos (1946). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Festa patronal que se celebra anualmente en Betanzos. Destaca o globo que se eleva a noite do 16 de agosto. Claudino Pita Pandelo deseñou un novo modelo en 1875 e desde entón continúan coa tradición os seus descendentes.
-
-
MONTES
Monte pertencente á serra do Barbanza, que está situado na parroquia de Macenda (Boiro). O seu cumio acada os 545 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mar situado no Atlántico norte, entre o Mar Caribe e as Ilhas dos Açores. Está considerado como unha rexión única dentro do Océano Atlántico, delimitada polas principais correntes mariñas do Atlántico norte. Recibe o seu nome por ser moi abundantes os bosques de algas pardas do xénero Sargassum.
-
PERSOEIRO
Bispo auxiliar (1945) e vicario capitular (1948) de Santiago de Compostela; e bispo de Palencia (1949-1970). Realizou diversas fundacións nos seminarios de Mondoñedo e Palencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesora. Doutora en Filosofía e Ciencias da Educación, presidiu a Nova Escola Galega. Das súas obras destacan Institución escolar e medio ambiente (1982), Deseño curricular e investigación do medio (1990) e A educación en España durante o Sexenio Revolucionario (1868-1874), debates, aspiracións e realidades (2002).
VER O DETALLE DO TERMO