"alt" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 697.
-
-
Que soa alto.
-
Marcado pola énfase.
-
-
-
Altura dun punto da terra respecto ao nivel do mar ou doutro plano que se tome como referencia, expresada habitualmente en metros ou en pés. En moitos países refírese a un punto cero de nivelación, que corresponde ao nivel medio das augas nun punto determinado, xeralmente un porto; no estado español é o de Alacant. As altitudes oficiais, ou referencias de nivelación, están anotadas en letreiros nas estacións de ferrocarrís e, a miúdo, nos edificios e lugares relevantes. A altitude vén determinada mediante os altímetros, e a diferenza de altitude entre dous puntos próximos, mediante os niveis. Nos mapas están especificadas as cotas, puntos acompañados dun número que indica a altitude en metros ou en pés, e as liñas de nivel, que unen puntos de igual altitude, por encima da liña de costa. Por debaixo desta, as profundidades son indicadas mediante as liñas batimétricas.
-
-
altitude absoluta Altitude real dunha aeronave sobre a superficie da Terra.
-
altitude corrixida Altitude dunha aeronave, unha vez feitas as correccións dos erros de medición dos aparellos e compensadas as diferencias entre as condicións reais e a atmosfera tipo na altura indicada polo altímetro de presión.
-
altitude crítica Máxima altitude na que se pode manter unha presión determinada na admisión do motor dunha aeronave, sen toma dinámica de aire nin compresor, para un número de revolucións dado.
-
altitude de aproximación final Altitude á que ten que comezar a aproximación final dunha aeronave.
-
altitude de aproximación frustrada Altitude mínima á que ten que abandonar a aproximación final unha aeronave.
-
altitude de cruceiro Altitude constante, mantida durante todo o voo dunha aeronave, ou cando menos nunha parte, que se corresponde co máximo rendemento dos motores.
-
altitude de densidade Altitude que na atmosfera estándar correspondería a unha densidade dada.
-
altitude de equilibrio Altitude na que é anulada a forza ascensional dun aeróstato libre sen motor.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á altitude.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión de orixe latina que significa ‘non levantar máis alto’, empregada para designar a servidume que grava unha leira a favor doutra, prohibindo ao propietario da primeira edificar a máis dunha determinada altura. Nada por contrato, pode proceder tamén dun gravame sucesorio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de altivo no que prima o sentimento de fachenda, de orgullo desdeñoso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
altivez.
-
-
Que se ten por moito e o demostra nas súas maneiras arrogantes ou desdeñosas.
-
Que demostra altivez.
-
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico norteamericano. O triunfo de MASH, en que criticaba dende a ironía e o humanitarismo, a inutilidade da intervención estadounidense na Guerra do Vietnam, no Festival de Cannes (1970) deulle sona internacional, e converteu a serie homónima que fixo para televisión nun éxito durante máis dunha década. Marxinado pola industria norteamericana polo seu inconformismo verbo da política holliwoodiense, retirouse a Francia, dende onde dirixiu espectáculos operísticos e películas de fición. No 1991 volta aos EE UU para realizar The Player, unha sátira de Hollywood, premiada no 1993 co Globo de Ouro no Festival de Cannes, ano en que recibiu tamén o León de Ouro no Festival de Venecia por Short Cuts. Posteriormente dirixiu Prêt a Porter (1994), Kansas City (1996) e Cookie’s fortune (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico norteamericano de orixe canadense. Os seus traballos co enzima ribonucleasa P amosaron que o RNA tamén pode actuar como catalizador. Recibiu o Premio Nobel de Química (1989) xunto con T. Cech, que chegara independentemente aos mesmos resultados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Citólogo alemán. Propuxo a teoría granular do citoplasma e descubriu a técnica de fixación por deshidratación a baixa temperatura. Foi o primeiro en illar os ácidos nucleicos e, así mesmo, foi quen lles deu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Comarca do land de Saxonia-Anhalt, Alemaña, ao N de Magdeburgo. Forma parte da gran chaira do N de Europa. Os principais núcleos de poboación son: Gardelegen, Stendal, Salzwedel e Bismarck.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de industrias do Paleolítico medio da Europa central. Caracterízase pola presenza de puntas bifaciais con retoque plano, trazo polo que se ten relacionado co Solutrense.
-
-
-
Interrupción momentánea que se fai cando estás realizando unha actividade (discurso, camiñada, etc).
-
Expresión usada para facer que alguén se deteña nunha marcha ou carreira, que se debe interromper unha disertación, calquera tarefa, a execución dalgunha cousa.
-
-
-
Que ten unha altura considerable, superior á ordinaria.
-
Que está ou que acada unha elevación vertical considerable sobre a superficie da terra ou sobre calquera outro termo de comparación.
-
Que se sitúa nun nivel superior ao estimado como medio ou normal.
-
Que está ou que chega a unha elevación superior, situada máis arriba, cara ao ceo.
-
Que ten moita intensidade.
-
Tarde, despois do acostumado ou do que é habitual.
-
Que ten unha importancia ou nivel superior ao ordinario.
-
Aplicado ao lugar onde nace o río. OBS: Xeralmente o adxectivo vai diante do substantivo ao que acompaña.
-
Característico do que é próximo ao nacemento ou á súa orixe. OBS: Xeralmente o adxectivo vai diante do substantivo ao que acompaña.
-
A parte alta dunha montaña, un cumio.
-
...
-
-
-
Que ten unha altura considerable, superior á ordinaria.
-
Que está ou que acada unha elevación vertical considerable sobre a superficie da terra ou sobre calquera outro termo de comparación.
-
Que se sitúa nun nivel superior ao estimado como medio ou normal.
-
Que está ou que chega a unha elevación superior, situada máis arriba, cara ao ceo.
-
Que ten moita intensidade.
-
Tarde, despois do acostumado ou do que é habitual.
-
Que ten unha importancia ou nivel superior ao ordinario.
-
Aplicado ao lugar onde nace o río. OBS: Xeralmente o adxectivo vai diante do substantivo ao que acompaña.
-
Característico do que é próximo ao nacemento ou á súa orixe. OBS: Xeralmente o adxectivo vai diante do substantivo ao que acompaña.
-
A parte alta dunha montaña, un cumio.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome italiano do Tirol do Sur, actualmente parte da rexión administrativa italiana do Trentino-Alto Adige.
-
-
-
Conxunto de dialectos do alemánque sufriron a segunda mutación consonántica. Comprende os dialectos alto alemáns inferiores, nomeados en alemán mitteldeutsch (‘alemán medio’), occidental e oriental, e os alemáns superiores, nomeados oberdeutsch (‘alemán superior’), alamánico e bávaro.
-
Relativo ou pertencente ao alto alemán.
-
-
alto alemán inferior occidental Dialecto alemán que comprende as falas populares de grande parte do territorio de Renania, o Palatinado, Franconia, Hessen a parte setentrional de Württemberg e de Lorena, o Gran Ducado de Luxemburgo e o territorio belga de Eupen e Malmedy.
-
alto alemán inferior oriental Dialecto alemán que comprende as falas populares de Turinxia, da alta Saxonia e da parte meridional de Brandenburgo (incluída a cidade de Berlín), e a poboación xermánica de Silesia (entre os estados de Polonia e da República Checa).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado en 1951 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para asegurar a axuda material e a protección aos refuxiados e desprazados por mor dos conflitos bélicos e políticos. Ten a súa sede en Xenebra. No 1954 e no 1981 foille concedido o Premio Nobel da Paz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na parroquia de Coruxo (Vigo). Este grupo representa unha serie de catro círculos concéntricos unidos por sucos de gran profundidade e varias coviñas.