1 alto -ta

1 alto -ta

(

  1. adx

    Que ten unha altura considerable, superior á ordinaria.

    Ex: É tan alto que xoga como pivote de baloncesto.

    Confrontacións: sublime.
  2. adx

    Que está ou que acada unha elevación vertical considerable sobre a superficie da terra ou sobre calquera outro termo de comparación.

    Ex: O sol está moito máis alto ca a montaña.

  3. adx

    Que se sitúa nun nivel superior ao estimado como medio ou normal.

    Ex: Acudiron un alto número de manifestantes á protesta organizada.

  4. adx

    Que está ou que chega a unha elevación superior, situada máis arriba, cara ao ceo.

    Ex: Estes novos edificios son moi altos.

  5. adx

    Que ten moita intensidade.

    Ex: Temos que falar un pouco máis alto para que nos escoite.

    Antónimos: vulgar.
  6. adx

    Tarde, despois do acostumado ou do que é habitual.

    Ex: Saímos de marcha ata altas horas da madrugada.

  7. adx

    Que ten unha importancia ou nivel superior ao ordinario.

    Ex: Visítanos un alto mandatario de Francia.

  8. adx

    Aplicado ao lugar onde nace o río. OBS: Xeralmente o adxectivo vai diante do substantivo ao que acompaña.

    Ex: Estivemos no alto Eo de excursión campestre.

  9. adx

    Característico do que é próximo ao nacemento ou á súa orixe. OBS: Xeralmente o adxectivo vai diante do substantivo ao que acompaña.

    Ex: No alto Imperio o poder de Roma estendíase por toda Europa.

  10. s m

    A parte alta dunha montaña, un cumio.

    Ex: O alto do Monte Tegra conserva un castro celta.

  11. s m

    Dimensión que acada un obxecto ou persoa que resulta vertical na súa posición normal.

    Ex: O meu fillo mide un metro de alto, pero vai medrar máis.

    Sinónimos: altura, altura.
  12. Antónimos: inferior.
    1. s m pl

      A parte alta dalgunhas cousas.

      Ex: Os altos dunha casa.

      Antónimos: inferior.
    2. altos e baixos

      Ex: Os altos e baixos da calidade.

  13. adv l

    A unha altura considerable.

    Ex: As águias voan moi alto.

  14. adv m

    En voz alta.

    Ex: Fala tan alto que parece que está berrando.

  15. adx [COMUN]

    Radiofrecuencia comprendida entre 3 MHz e 30 MHz segundo o convenio internacional. Represéntase pola sigla HF (high frequency).

  16. adx [FÍS]

    En sentido xeral, frecuencia empregada nas transmisións radiofónicas, en contraposición á baixa frecuencia.

  17. adx [MÚS]

    Agudo, con máis vibracións por segundo.

    Antónimos: grave.
  18. adx [SOCIOL]

    Aplicado á tempada na que hai máis fluxo de xente.

    Ex: Viaxar en tempada alta significa pagar máis.

  19. [INFORM]

    alta densidade

  20. [DEP]

    alta escola

  21. [TECNOL]

    alta fidelidade

  22. alta mar Lugar dende onde non se albisca a ribeira, lonxe da costa.

  23. Expresión usada para facer que alguén se deteña nunha marcha ou carreira, que se debe interromper unha disertación, calquera tarefa, a execución dalgunha cousa.

Sinónimos

Citas

  • Debemos facer un alto no camiño para facer un descanso. Fixo un alto na conferencia para beber auga.

Frases feitas

  • Andar coa cabeza alta. Camiñar coa cabeza ben ergueita e levantada. Ex: A pesar do que dixo podes andar coa cabeza alta.

Palabras veciñas

Altmühlense | Alto | 2 alto | 1 alto -ta | 1 alto -ta | Alto Adige | alto alemán