"bat" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 561.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido de algodón, la ou seda orixinario de Batavia, cun trenzado derivado da sarga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de Xacarta, como capital das antigas Indias Orientais Neerlandesas.
-
-
Relativo ou pertencente aos batavos.
-
Individuo pertencente ao pobo do mesmo nome.
-
Pobo xermánico establecido na desembocadura do Rin, na Insula Batavorum (Wommeler Waard). Incorpóranse ao Imperio Romano cara ao ano 12 a C, non pagaban impostos pero proporcionaban soldados. Desapareceron ao seren dominados polos francos e merovinxios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso que se realiza, de forma secuencial e automática, polo ordenador a través das ordes que lle transmite unha aplicación. Os programas deste tipo identifícanse pola súa extensión bat.
-
PERSOEIRO
Realizadora cinematográfica e produtora inglesa. Xunto co seu marido fundou a Halas and Batchelor Cartoon Films, coa que fixeron filmes de propaganda e as primeiras longametraxes de animación inglesa. Realizaron Animal farm (Rebelión na granxa), unha sátira baseada na obra de George Orwell. Dirixiron, entre outras, The pocket cartoon (O debuxo da bolsa, 1941), Magic canvas (As velas máxicas, 1951), History of the cinema (A historia do cine, 1956) e What is a computer? (Que é unha computadora?, 1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pao de forma semellante a un bastón, máis groso polo extremo libre que pola empuñadura, co que se impulsa a pelota no béisbol e noutros xogos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘dous’.
-
-
Plataforma flotante fixada no mar con cordas penduradas para a cría de mexillóns ou ostras. En Galicia desígnanse con este termo as amplas plataformas de madeira, de forma rectangular e cunha caseta no seu centro (estrutura cuberta para realizar os traballos), que están fondeadas nun morto de cemento, ao que se suxeita cunha cadea de ferro. Situadas en fileiras dentro das rías, empréganse como criadeiros de mexillóns. Estes moluscos son criados nunhas longas cordas, colgadas dende a estrutura da batea cara ao fondo, onde crecen e engordan para logo ser comercializados. O seu uso no país non se xeneralizou ata os anos 60 e 70, aínda que hai novas de iniciativas illadas durante o primeiro terzo do século XX. A instalación das bateas dentro das rías prexudicou seriamente as actividades das artes de pesca tradicional, xa que a lexislación vixente protexe a actividade mexilloeira en contra de aparellos como o xeito ou a rapeta, que serían daniños para esta cría do molusco ante o potencial perigo...
-
Embarcación plana empregada en ríos e zonas portuarias para o transporte e acarreo de mercadorías. Dáselle a mesma denominación a outra embarcación de pequenas dimensións, de forma rectangular e fondo plano; empregada en augas de pouca profundidade, como pantanos ou marismas, co obxecto de pescar, cazar ou mesmo facer deporte. Con embarcacións deste tipo practícase en Gran Bretaña un deporte chamado punting, de grande aceptación popular.
-
Artesa circular e achatada, que se emprega normalmente no lavado das areas auríferas.
-
Forma do retablo con gardapó.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya, no val do río de Algars (1.985 h [1996]). Os principais cultivos son a vide e as oliveiras. Tamén hai granxas avícolas. As actividades industriais máis sobranceiras son a elaboración de viños e licores, xunto á confección téxtil. A igrexa parroquial de San Miguel (s XVII) posúe unha fachada barroca ricamente ornamentada. A Praza Maior, porticada, data dos ss XIII e XIV. No Tossal del Moro atópase o emprazamento dun poboado ibérico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
O que manexa o bate no xogo do béisbol; xogador que tenta golpear a pelota que o lanzador do equipo contrario, pitcher, lle envía a un compañeiro receptork, catcher, co fin de afastala dos xogadores rivais e poder principiar unha carreira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Golpear no béisbol e noutros xogos a pelota co bate, para tratar de afastala dos xogadores contrarios e principiar unha carreira que permita ao seu equipo, unha vez concluída, anotar un tanto ao seu favor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
bautizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece a casa onde residiu e traballou Picasso, no barrio parisino de Montmartre (hoxe praza de Emile Goudeau). O seu nome, ‘o barco lavandería’, ten a súa orixe na súa distribución interior. Alí se instalaron entre 1909 e 1914 os artistas máis vangardistas do momento. Van Dongen e Picasso foron os primeiros, seguidos despois por Max Jacob, Juan Gris, Pablo Gargallo, Manolo, Marc Orlan e André Salmon. Converteuse no centro da vida artística e da bohemia, punto de reunión de pintores, literatos, escultores e marchantes de arte, nese momento todos mozos e descoñecidos. Un incendio destruíu o edificio en 1970.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canal que nun edificio serve para cambiar o curso da auga e que impide a súa filtración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe que se dá nas nádegas ao caer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de aixada con forma ancha e curta.
-
-
Acción de bater continuadamente.
-
Pedra na que se baten as roupas lavadas á man.
-
Lugar onde se bate ou sacode algunha cousa.
-
Parte do barco contraria a aquela de onde sopra o vento.
-
-
-
Que bate.
-
Utensilio, manual ou eléctrico, que se utiliza en cociña para mesturar, bater ou esmagar alimentos. OBS: O batedor manual consiste xeralmente en variñas de metal aínda que, antigamente, era de madeira. O batedor eléctrico xeralmente consiste nun aparato cunha peza xiratoria nun dos seus extremos e que se manexa coa man.
-
Persoa que vai diante dun grupo para recoñecer ou explorar o camiño.
-
Cada un dos soldados de cabalería que preceden ao rexemento.
-
Cada un dos dous ou catro xinetes que preceden ás persoas reais ou aos xenerais en certas solemnidades.
-
Persoa que se encarga de levantar a caza nunha batida.
-
Peza articulada, xeralmente metálica, que vai pendurada na parte exterior da porta principal dunha casa e que se emprega para petar nela e chamar a xente que hai dentro da casa.
-
-
-
Acción e efecto de bater.
-
Feito de bater pola acción do vento ou doutra cousa.
-
Oscilación das pas do rotor dun xiroavión, ao redor da bisagra de articulación coa árbore motora.
-
Oscilación que presenta a amplitude de vibración da onda que resulta da interferencia de dous trens de ondas con frecuencias próximas; o número de bateduras por segundo é igual á diferenza entre as frecuencias dos dous trens de ondas. Este fenómeno aprovéitase en acústica para medir frecuencias.
-
Operación de bater á que se someten, manualmente ou en batedores, as madeixas ou os tecidos para limpalos de po e quitarlle o apresto cando, se se aplicou en exceso ou é demasiado seco ou consistente, dá ao tecido un aspecto ou un tacto non desexados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que traballa e atende unha batea.