"bot" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 225.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo de Eumel, sacerdote de Apolo en Tebas. Apolo converteuno no paxaro denominado Aerop, de mal agoiro.
-
-
Órgano de fixación dalgúns cestodos, semellante a unha ventosa, pero sen musculatura e máis ou menos foliáceo. Os botridios están situados simetricamente ao redor do escólex.
-
Ulceración profunda da córnea.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rañura lonxitudinal situada no escólex dalgúns cestodos, que serve de órgano de fixación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado ‘acio de uvas’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
[Diphyllobotriu
-
VER O DETALLE DO TERMO
Helmintiase provocada pola presenza do botriocéfalo no intestino. A infección cursa ás veces de forma asintomática; noutras, causa trastornos dixestivos vagos (diarrea, anorexia, náuseas e vómitos). Pode provocar anemia debido ao consumo competitivo de vitamina B12.
-
-
De aspecto semellante ao dun acio.
-
Aplícase ás coadas estalagmíticas en forma de acio, que se dispoñen nunha pendente acentuada, adaptándose ás irregularidades da rocha subxacente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade, en agregados fibrosos, da datolita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor benigno da pel, pedunculado, de crecemento rápido e facilmente sangrante, duns 5 a 10 mm de diámetro, que aparece frecuentemente despois de pequenos traumatismos nas mans, pés, labios, cabeza e tórax. Denomínase tamén granuloma telanxiectásico ou granuloma pióxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade, xeralmente dos cabalos, caracterizada pola formación de granulomas con focos de abrandamento e de supuración orixinada polo desenvolvemento nos tecidos do micrococo Botryomyces ascoformans.
-
-
Fento da familia das botriquiáceas.
-
Familia de fentos da clase das ofioglosópsidas á que pertence o xénero Botrychium.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade das plantas causada en xeral polo fungo Botrytis cinerea e que se ve favorecida por unha elevada humidade do ambiente. Tamén pode ser producida por outros fungos do xénero Botrytis ou do xénero Sclerotinia. En xeral, a vía de penetración son as feridas, e as partes mortas ou vellas da planta, as primeiras en infectarse. Os síntomas son podremia branda de cor marrón escura en froitos e flores; e sementes, brotes novos e follas que se murchan. Tamén se denomina podremia gris ou simplemente podremia. Nalgunhas variedades de uvas resistentes (Semillon, Riesling, Furminto, etc), se a colle no momento adecuado, provoca nela unha pasificación e unha adquisición de características que dá orixe ás uvas coas que se fan os famosos viños de podredume nobre ou branca, como o Sauternes-Barsac, o Tokay e os de vendimas tardías de Alsacia e Alemaña, entre outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fentos da familia das botriquiáceas que abrangue máis de 30 especies. A máis representativa é B. lunaria, que pode acadar ata 25 cm de altura e presenta dúas frondes: unha estéril pinnatisecta, con segmentos en forma de media lúa, que sae do alto dun talo máis ou menos erecto, e outra fértil panicular. Distribuída por todo o hemisferio boreal extratropical, na Península Ibérica está presente na súa metade norte e en Sierra Nevada. En Galicia ocupa prados e turbeiras da metade oriental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de urocordados sésiles, da familia dos ascidiáceos, que poden acadar ata 2 mm de lonxitude; forman colonias planas e vivamente coloreadas, que recobren as rochas do infralitoral. Estas colonias están constituídas por numerosos grupos dispostos en forma de estrela, grupos formados por uns 12 individuos que circundan un único sifón común.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos deuteromicetos da familia das perisporiáceas. As colonias, formadas basicamente polo conxunto das hifas, teñen unha cor verdosa e presentan conidios de forma variable, entre esféricos e oviformes, e grandes esclerocios negros. Aparece sobre calquera resto orgánico orixinando putrefacción.
-
ENTRADA LARGA
Botswana esta baixo un dominio climático tropical no N e subtropical tendente a temperado no resto do país, con invernos suaves e veráns moi quentes. Na capital, Gaborone, situada ao SL do país, a temperatura media anual acada os 19,5°C, rexistrando a máxima no mes de xaneiro (26,1°C) e un mínimo en xullo (12,8°C). As chuvias distribúense segundo un réxime que as concentra entre os meses de decembro e abril: recóllese unha media anual de precipitacións que oscila entre os 700 mm, na zona setentrional, e os 200 mm no SO, no deserto do Kalahari.
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrografía
O solo é areoso e moi permeable, aspecto que contribúe a escaseza de augas subterráneas. Os ríos son todos de réxime intermitente. Os máis importantes son o Okavango, o Chobe e o Limpopo. No N, as concas do Okavango e o Makarikari constitúen extensas áreas pantanosas. Ao N hai bosque claro de oleáceas salvaxes, baobabs e acacias. Grandes extensións de sabana fan de transición entre os espiñeiros e as herbeiras... -
-
Relativo ou pertencente a Botswana.
-
Habitante ou natural de Botswana.
-
-
PERSOEIRO
Historiador, médico e político italiano. Ocupou altos cargos no Imperio Napoleónico e na Francia da Restauración. Escribiu Storia della guerra dell’independenza degli Stati Uniti d’America (Historia da guerra da independencia dos Estados Unidos de América, 1809) e Storia d’Italia dal 1789 al 1814 (Historia de Italia de 1789 a 1814, 1824).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo e diplomático, adaíl da arqueoloxía mesopotámica. Cónsul do goberno francés en Mossul (entón de Turquía) dende 1842, dedicouse a escavar ruínas, sobre todo en Khorsābād, e trasladou os relevos do palacio de Sargón a Francia (1846). As copias das inscricións que levou a termo foron transcendentais para descifrar a escritura cuneiforme.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Taller renacentista italiano onde o artista traballaba xunto aos seus aprendices e axudantes.