Botrychium
Botrychium
[PLANTA]
Xénero de fentos da familia das botriquiáceas que abrangue máis de 30 especies. A máis representativa é B. lunaria, que pode acadar ata 25 cm de altura e presenta dúas frondes: unha estéril pinnatisecta, con segmentos en forma de media lúa, que sae do alto dun talo máis ou menos erecto, e outra fértil panicular. Distribuída por todo o hemisferio boreal extratropical, na Península Ibérica está presente na súa metade norte e en Sierra Nevada. En Galicia ocupa prados e turbeiras da metade oriental.