"cali" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 236.

  • Provisto de caliptra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte extrema do meristema apical das raíces, ben diferenciada nas poáceas e noutras monocotiledóneas, que orixina, por división, as células da caliptra. Non está presente nas ximnospermas e nalgunhas dicotiledóneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de axentes anticanceríxenos producido por bacterias da orde das actinomicetais. É un dos axentes anticanceríxenos máis potentes en tumores de animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Licor elaborado con herbas aromáticas e balsámicas e mais quina. A milenaria fórmula de elaboración foi adquirida no século XIX polo industrial Magín Mollfulleda a uns monxes da Bohemia, e prodúcese en Arenys de Mar (Barcelona). Aromático e con propiedades reconstituíntes, consómese só ou en combinados.

    2. quina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica ao tratamento das doenzas dos pés, especialmente das durezas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador grego. Sobriño de Aristóteles, acompañou como historiador a Alexandre o Grande na súa expedición a Asia. Implicado no Complot dos Magos caeu en desgraza e morreu en prisión. Non se conserva ningunha das obras que escribiu: Hellēniká, crónica da Guerra Sagrada (357-346) e Práxeis Aléxandrou, a historia de Alexandre con trazos novelescos que influiría nos séculos posteriores. Na Antigüidade foille falsamente atribuída unha vida novelada de Alexandre, que acadou gran difusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ninfa de Arcadia, compañeira de Ártemis. Zeus namorouse dela pero como ela fuxía dos homes adoptou a figura de Ártemis para enganala e poder manter relacións. Cando Calisto quedou embarazada, Ártemis, baixo as influencias da celosa Hera, transformouna en osa e botouna fóra ao perder a virxindade. Finalmente, Zeus converteuna na constelación da Osa Maior. Segundo a lenda, da unión de ambos naceu Árcade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Satélite galileano de Xúpiter, o máis exterior dos catro que ten, descuberto por Galileo en 1601. Percorre unha órbita case circular no plano ecuatorial do planeta, a unha distancia media de 1.880.000 km, nun período duns dezaseis días. Aínda que o seu albedo é moi pequeno, arredor de 0,2, o seu raio de 2.410 km faino visible dende a Terra cun pequeno telescopio. As fotografías enviadas polas sondas Voyager 1 e Voyager 2 amosan unha superficie chea de cráteres, dun diámetro medio de 100 km. Ten a metade dun dos hemisferios cuberta por uns aneis concéntricos que envolven unha rexión central brillante duns 600 km de diámetro, a conca de Valhalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (217-222) e fundador da igrexa romana de Santa Maria in Trastévere. Escravo dun cristián chamado Carpóforo, logrou escapar pero, como todos os escravos fuxitivos, logo de ser apresado tivo que ir ás minas. Conseguiu saír de alí co indulto dunha lei humanitaria e, logo de se emancipar, o Papa Ceferino ordenouno diácono. Destacou como organizador da comunidade cristiá romana e ao seu cargo estivo o cemiterio cristián da vía Apia durante o pontificado de Ceferino, que leva o seu mesmo nome e que contén o sepulcro de santa Cecilia. Condenou o modalismo de Sabelio, heresiarca que negaba o dogma da Santísima Trindade e ao que excomungou. Despois de exercer o seu labor como papa encarcerárono. Finalmente, martirizárono: guindárono a un pozo cunha pedra (ou unha moa de muíño) ao pescozo na vía Aurelia. Represéntase na iconografía con indumentaria papal e levando como atributos a maqueta dun edificio (por ser construtor) e un pozo ou unha moa dun muíño, símbolo do seu martirio. Conmemorado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1119-1124), de nome Guido de Borgoña. Era fillo do conde Guillerme de Borgoña. En 1088 nomeárono arcebispo de Viena. Defensor da reforma eclesiástica, opúxose a Enrique V na Querela das Investiduras. Elixido papa o 1 de febreiro de 1119 en Cluny, convocou o concilio de Reims, condenou as investiduras e excomungou a Enrique V e o antipapa Gregorio VIII. Asinou o Concordato de Worms o 23 de setembro de 1122 que puxo fin á Querela das Investiduras, documento que se ratificou no primeiro Concilio de Letrán, en 1123. Atribúeselle a autoría do Liber Sancti Iacobi ou Códice Calixtino, manuscrito en latín do s XII, unha guía de peregrinos do Camiño de Santiago que se conserva na catedral compostelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1455-1458), de nome Afonso de Borja. Pertencía a unha familia da pequena nobreza. Uxío IV nomeouno cardeal en 1444 e elixírono papa en 1455. A raíz da toma de Constantinopla polos turcos (1453), intentou organizar unha gran cruzada. Recuperou Belgrado (1456), e coa axuda de Afonso V de Aragón liberou Albania (1457). Durante o seu pontificado tivo lugar o proceso de rehabilitación de Xoana de Arco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pronome que vén do grego Kállistos (κάλλιστος) ‘belísimo, fermosísimo’, superlativo de kalós (καλός) ‘bo, fermoso’. Presenta as variantes Calistro/ Calistra. Tres papas levaron este nome: Calisto I (s III), santo mártir que se celebra o 14 outubro, Calisto II (ss XI-XII) e Calisto III (ss XIV-XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Orador e político. Foi un dos promotores da segunda liga ateniense. Dirixiu o exército despois da ruptura da paz de Antálcidas no 387 a C. Enviado a negociar a paz con Esparta fronte a Tebas no 371 a C, condenárono a morte polo fracaso das xestións no 361 a C. Conseguiu fuxir e refuxiouse en Macedonia, onde fundou a cidade de Dato, en Tracia. Confiando nunha resposta do oráculo de Delfos, volveu a Atenas, onde o executaron.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ento frío e intenso que procede do norte.

    2. Neve ou saraiba acompañada de vento forte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calisto/ Calista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á familia das calitricáceas.

    2. Herbácea da familia das calitricáceas.

    3. Familia de herbáceas da orde das calitricais constituída por un só xénero, Callitriche, que engloba unhas 35 especies de distribución subcosmopolita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Opacidade leve de capas inferiores da atmosfera producida por partículas de voaxa, sal ou fume, que diminúen a visibilidade. Prodúcese, sobre todo, en zonas desérticas e bosques, debido á acumulación de pole, e nas grandes cidades como consecuencia da contaminación.

    2. Néboa óptica pouco intensa.

    3. catarata.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cheo de calixe.

    2. Que presenta unha situación atmosférica densa, escura e con néboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro da facción moderada dos husitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. aso, xeralmente provisto de asas e de pé, feito de diversas materias como arxila, metal ou vidro, que a miúdo vai decorado ou traballado. Apareceu no Calcolítico en Sicilia e Grecia.

      2. Copa, tradicionalmente de metal precioso e traballada artisticamente, usada para conter o viño na celebración eucarística. Cara á fin do s IV xa consta a existencia de cálices de metais preciosos e pedrería. Nos primeiros séculos, ademais do cálice do celebrante (calix ministerialis), había un cáliz para os fieis (calix ordinarius).

      1. Órgano ou cavidade en forma de cáliz.

      2. cáliz renal

        Infundíbulo da pelve renal no que se proxectan as pirámides de Malpighi a través das papilas renais.

    1. Conxunto de sépalos dunha flor que constitúen o periantio externo e que, xunto cos pétalos, conforman o tipo heteroclamídeo nas plantas anxiospermas. Os pétalos poden aparecer libres nos cálices corisépalos ou soldados, agás no extremo, e orixinan dentes, lóbulos ou lacinias nos cálices gamosépalos.

    VER O DETALLE DO TERMO