"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
PERSOEIRO
Décimo conde de Savoia (1233-1263), fillo de Tomé I, a quen sucedeu, e de Beatriz-Margarida de Xenebra. Prestoulle axuda ao Emperador Federico II contra o Papa Inocencio II, polo que recibiu a cambio os títulos de vigairo imperial do Piemonte e da Lombardía. Conseguiu que o marqués de Monteferrato renunciase aos seus dereitos sobre Turín. Guerreou contra a cidade de Alexandría, logrando estender os seus dominios a Bard (1241) e a Rívoli (1247).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Noveno duque de Savoia, fillo de Luís II e de Ana, filla do Rei de Chipre. Casou con Violante de Francia, filla de Carlos VII e irmá de Luís XI. Fundou numerosos hospitais e fixo numerosas doazóns a outros xa existentes. Na guerra que sostivo con Galeazzo Sforcia, duque de Milán, outorgoulle a liberdade logo de que o prenderan as súas tropas e deulle a man da súa filla en matrimonio para celebrar a paz. A igrexa católica recoñeceuno como beato, designando a súa festa no día da súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duodécimo conde de Savoia (1285-1323), fillo de Tomé II e sobriño de Filipe I, a quen sucedeu; foi o fundador da liñaxe de Savoia que reinou posteriormente en Italia. Durante todo o seu goberno loitou contra o Delfinado, co fin de rexeitar as aspiracións ao condado de Savoia do Delfín Humberto. Aliouse con Filipe IV de Francia contra Flandres. Polo seu matrimonio (1272) con Sibila de Baugé converteuse en cuñado do Emperador Enrique VII. Foi investido vigairo real en Lombardía, Príncipe do Imperio e recibiu o condado de Asti. Estableceu como dereito de herdanza da súa casa a sucesión do primoxénito por liña masculina e prohibiu a división dos territorios de Savoia. Foi protector das ciencias e das artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Decimo sétimo conde de Savoia (1343-1383), fillo de Aimó e de Iolanda de Monteferrato. Sucedeu a seu pai en 1343. Por medio dun acordo con Xoán II de Francia e despois de renunciar ao Delfinado, tomou posesión do Gex e Faucigny (1355); adquiriu por compra o Vaud (1359). Prestoulle vasalaxe ao Emperador Carlos IV, quen o nomeou vigairo imperial en Borgoña. Ocupou o Piemonte (1360), rexencia que obtivo en 1368. No ano 1379 foi recoñecido señor de Biella. Apoiou a Luís I de Anjou, quen lle cedeu Cuneo (1382), e acompañouno na expedición a Nápoles na que morreu. Fundou a Orde do Colar, chamada posteriormente da Santa Anunciata.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Décimo oitavo conde de Savoia (1383-1391). Fillo de Amadeo VI de Savoia e de Bona de Borbón. Loitou ao carón de Carlos VI de Francia en Flandres contra os ingleses (1383). Deulle a Savoia unha saída ao mar coa adquisición de Niza (1388), que lle foi entregada polos súbditos nisardos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Décimo noveno conde (1391-1416) e duque (1416-1440) de Savoia, fillo e sucesor de Amadeo VII. Sexismundo I outorgoulle o título ducal (1416). Coa extinción dos Savoia-Acaia (1418) conseguiu os territorios de Italia, con Turín como capital, onde creou a universidade. Estruturou os novos territorios cos Decreta seu Statuta (1430). En 1434 deixoulle parte do goberno a seu fillo, Luís I, e retirouse a Ripaille, onde fundou a Orde Militar dos Cabaleiros de San Mauricio (1434). Foi elixido Antipapa co título de Félix V no Concilio de Basilea (1439). En 1440 renunciou ao ducado e o 24 de xullo foi coroado Papa en Basilea, sen embargo, debido aos poucos príncipes que lle recoñeceron o título, renunciou ao Papado no Concilio de Lausana (1449). Foille recoñecida a dignidade cardenalicia e foi nomeado delegado apostólico en Savoia e en parte de Suíza.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e escultor italiano. Autor da Cappella Colleone de Bérgamo (1472-1476), que alternou coa decoración da fachada da Igrexa da Cartuxa de Pavía (1475).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que pertence á familia das amarantáceas.
-
Planta da familia das amarantáceas.
-
Familia de herbáceas da orde asparagais, integrada por uns 65 xéneros que compoñen unhas 900 especies de plantas herbáceas e arbustivas, de distribución cosmopolita, especialmente, tropical e subtropical. Moitas cultívanse como plantas ornamentais e, nalgúns casos, como vexetais e herbas para cociñar. Pertencen a esta familia os narcisos, as cebolas das gaivotas e o xénero Leucojum.
-
-
-
Que pertence á familia das amarilidáceas.
-
Planta da familia das amarilidáceas.
-
Familia de herbáceas da orde asparagais, integrada por uns 75 xéneros que comprenden unhas 1.100 especies de plantas herbáceas a miúdo bulbosas, de distribución tropical, subtropical e de rexións temperadas. Moitas especies se empregan en horticultura e xardinería. Pertencen a esta familia os narcisos, as cebolas das gaivotas e os xéneros Amaryllis e Leucojum.
-
-
PERSOEIRO
Cardeal e home de estado francés. Bispo de Montalbán (1484), Arcebispo de Narbona (1492) e de Ruán (1493), Cardeal (1498) e Legado Papal en Francia. Colaborou eficazmente na política italiana de Luís XII; dirixiu as negociacións con Florencia e interveu nos tratos con Venecia e o Papa Alexandre VI, preliminares á anexión do Milanesado. Asistiu ao Convenio de Savona entre o soberano francés e Fernando II de Aragón (1507). Promulgou as Ordenanzas de Blois (1499), compilación dos costumes franceses.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Na literatura clásica, denominación que recibe un tipo de composición na que os personaxes falan con estrofas alternativas, con versos alternativos.
-
canto amebeo
Composición poética recitada ou cantada alternativamente con estrofas da mesma extensión, por dous ou máis actores ou interlocutores. Esta técnica orixinouse na lírica teatral grega e, posteriormente, empregouse na poesía bucólica latina (Virxilio).
-
-
Designación que recibe o pé da poesía clásica que consta, sucesivamente, de dúas sílabas longas, dúas breves e unha longa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Semellante a un amento ou que ten carácter de amento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución norteamericana fundada en 1852 en Nova York como centro de investigacións e que ten como obxecto recompilar e distribuír os coñecementos xeográficos. Entre as súas publicacións cabe mencionar Geographical Review, Focus e Current Geographical Publications, ademais de coleccións de mapas e atlas.
-
-
Da natureza do amidón, que contén amidón.
-
En sentido estricto, amidón dos vexetais e, en particular, o das sementes dos cereais (trigo, cebada, arroz e millo, entre outros), a fécula de patata, a tapioca e o arrowroot. En sentido amplo pódense incluír en ocasións, as dextrinas, que en certos vexetais coexisten co amidón, e o glucóxeno dos organismos animais e dos fungos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oleoduto de 5.000 km de lonxitude que abastece de petróleo en bruto a diversos países da Europa oriental. Nace en Kujbyšev e divídese en dúas partes: unha entra en Polonia e Alemaña, e a outra entra en Hungría e máis en Eslovaquia.
-
PERSOEIRO
Escultor e arquitecto italiano. Seguidor de Miguel Anxo, foi mestre de Giambologna. Rematou a continuación do Palacio Pitti de Florencia (1560-1577) e construíu en Roma o Colexio dos Xesuítas (1578).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Individuos dun pobo bíblico descendente de Amorreo, fillo de Canaán.
-
ENTRADA LARGA
Teorema do electromagnetismo que permite determinar o valor do campo magnético producido por unha corrente eléctrica. Segundo el, a circulación da indución magnética B creada pola distribución dunha corrente calquera ao longo dunha curva pechada C é proporcional á suma alxebraica das intensidades que atravesan unha superficie que teña a esa mesma curva por contorno:
VER O DETALLE DO TERMO
FORMULA
no que μo representa a permeabilidade do baleiro. Cando a distribución de corrente non é suficientemente simétrica, faise o cálculo do campo magnético mediante a lei de Biot e Savart. -
VER O DETALLE DO TERMO
Semellante a unha ampola.
-
PERSOEIRO
Poeta grego, fillo de Skitines de Teos. Coa súa poesía, da que quedan fragmentos moi breves, traslada a dominio xónico a lírica monódica eólica. Odiou a guerra e cantoulle ao viño e ao amor tanto homosexual como heterosexual. A súa obra lírica foi traducida ao galego por Florencio Vaamonde Lores (Odas, 1897). Un poema foi traducido por J. Pérez Ballesteros en 1911.
VER O DETALLE DO TERMO