Amadeo VIII de Savoia o Pacífico
Décimo noveno conde (1391-1416) e duque (1416-1440) de Savoia, fillo e sucesor de Amadeo VII. Sexismundo I outorgoulle o título ducal (1416). Coa extinción dos Savoia-Acaia (1418) conseguiu os territorios de Italia, con Turín como capital, onde creou a universidade. Estruturou os novos territorios cos Decreta seu Statuta (1430). En 1434 deixoulle parte do goberno a seu fillo, Luís I, e retirouse a Ripaille, onde fundou a Orde Militar dos Cabaleiros de San Mauricio (1434). Foi elixido Antipapa co título de Félix V no Concilio de Basilea (1439). En 1440 renunciou ao ducado e o 24 de xullo foi coroado Papa en Basilea, sen embargo, debido aos poucos príncipes que lle recoñeceron o título, renunciou ao Papado no Concilio de Lausana (1449). Foille recoñecida a dignidade cardenalicia e foi nomeado delegado apostólico en Savoia e en parte de Suíza.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Chamberí, Savoia -
Deceso
Lugar : Ripaille, Xenebra