"hem" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 254.

  • Xénero de réptiles, da familia dos xecónidos, ao que pertence a salamántiga rosada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hiperhidrose que se localiza unicamente nunha metade do organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subgrupo de operacións de simetría que enxendra formas cristalinas coa metade das caras das formas holoédricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á forma cristalina enxendrada por unha hemiedria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma cristalina hemiédrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á planta que xermina e crece epifiticamente nunha árbore, ata que as súas raíces chegan á terra e se transforma totalmente en liana ou árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á hemiesferoide.

    2. Que ten forma de hemiesferoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das dúas partes nas que se divide un esferoide por parte dun plano que pasa polo seu centro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos insectos con metamorfose parcial ou incompleta. Así, do ovo xorde unha larva, bastante semellante ao adulto e sen ás, que máis tarde dá lugar ao individuo adulto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao cristal que presenta diferente terminación en cada un dos extremos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de cinc hidratado, de fómula Zn4 (OH)2Si2O7·H2O. Pertence á subclase dos sorosilicatos e cristaliza no sistema rómbico. É de cor branca con tonalidades azuis ou verdosas. Ten unha dureza de 5 e unha densidade de 3,4 a 3,5. É intensamente piroeléctrica e piezoeléctrica, e emprégase coma mena secundaria do cinc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Complexo quelado do anel de protoporfirina con ferro trivalente. Obtense escalfando unha solución de hemoglobina con ácido acético e cloruro de sodio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor estadounidense. Integrado na “Xeración perdida”, baséase en experiencias persoais e usa a guerra como fondo dramático das súas obras, escritas nun estilo de conversa con frases curtas. Froito da Primeira Guerra Mundial, escribiu A Farewell to Arms (1929). Despois foi correspondente de prensa na Guerra Civil Española, da que, despois de reportaxes, xurdiu a novela For Whom the Bell Tolls (1940). Outras novelas súas son Death in the Afternoon (1932), The Fifth Column (1938), Across the River and into the Trees (1950) e a coñecida The Old Man and the Sea (1952), pola que lle foi concedido o premio Pulitzer. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1954.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración que consiste na articulación de tres unidades métricas binarias en lugar das dúas unidades ternarias esperadas. É un procedemento característico, aínda que non exclusivo, das danzas (courantes, minuetos, valses, sardanas, bulerías) que aparecen xeralmente ao final dunha parte importante da peza e non se adoita reflectir na escrita. Empregada sobre todo no Barroco, tamén se atopa na música doutras épocas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero da orde dos perisodáctilos, duns 2,5 m de longo, dos que 40 cm corresponden á cola. É semellante ao asno, do que se diferenza polo feito de ter as orellas máis curtas. A súa pelaxe e de cor amarela e presenta unha faixa lonxitudinal negra no dorso. Vive en mandas guiadas por un macho duns catro ou cinco anos. Atópase nalgunhas rexións de Mongolia central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á planta parcialmente parasita, como é o caso de diversas escrofulariáceas e santaláceas, que teñen follas verdes e algunhas raíces con haustorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución da forza muscular que afecta a unha parte do corpo. É un grao inferior de hemiplexía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao depósito sedimentario mariño formado pola acumulación de organismos peláxicos e partículas detríticas finas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síndrome caracterizada pola abolición da mobilidade voluntaria dunha metade do corpo, debida a unha lesión dos centros nerviosos. Denomínase alterna cando afecta a unha metade da cara e á contraria do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á hemiplexía.

    2. Que ou quen sofre hemiplexía.

    VER O DETALLE DO TERMO