"lus" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 284.

  • Crónica composta entre 1087 e 1106 por un autor anónimo hispanoárabe. A crónica, que conta a historia da conquista de Al-Andalus, escribiuse utilizando as obras de al-Rāzī e Ibn Hayyān e traduciuse ao castelán en 1889.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moeda de cobre de escaso valor no sistema monetario musulmán. Apareceu na Península Ibérica trala invasión musulmá e continuou empregándose ata a desaparición do Reino de Granada. Nos Reinos de Taifas a súa circulación foi moi reducida.

    2. Moeda divisionaria, de pouco valor, de moitos países musulmáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barrio de Nova York, en Queens, ao S de East River. Dende 1978 celébranse no Flushing Meadow Park os campionatos internacionais de tenis dos EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Braseiro que os romanos colocaban xunto ao altar, ou no mesmo, para acender o lume que empregaban nos sacrificios.

    2. Braseiro que servía para quentar a estancia do tepidarium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fala celta do grupo continental que non todos os estudiosos aceptan e distinguen. O lusitano é a lingua de tres inscricións documentadas no occidente peninsular, en tres puntos que caen no territorio da provincia romana Lusitania. Estes textos presentan elementos celtas (Caeilobrigoi, epíteto teonímico en dativo singular temático da inscrición de Lamas de Moledo), elementos singulares que o diferencian do celtibero (conxunción copulativa indi) e elementos non celtas (porcom ‘porco’ en acusativo singular temárico co p- conservado). As inscricións sitúanse nunha área lingüística maior, constatable a partir dos datos onomásticos (teónimos Bandue, Reve, Nabiae; dativo plural en -bo; sufixo -aiko- en adxectivos derivados toponímicos), que abrangue tanto a Lusitania como a Callaecia (Gallaecia) con límites orientais imprecisos cara ao celtibero. Polo tanto, a denominación máis axustada é a de galaico-lusitano ou tamén hispano occidental. Pero non hai unanimidade nos investigadores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario editado en La Habana a partir do 19 de setembro de 1891 e subtitulado “Revista científica, literaria, artística y humorística”. Dirixido por J. Romero Hiáñez de Freyre, incluíu artigos sobre actualidade, literatura, filosofía, etc, ademais de citas e poemas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario cultural e literario editado en Ourense a partir de 1911. Dirixido por Xerardo Álvarez Limeses, contaba con Xoán Fernández Pérez como director artístico e posuía diversos correspondentes en Galicia e América. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Editorial. De tendencia rexionalista, incluíu textos literarios, poesías e curiosidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latinizado de Xacobe Handl.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei relativa ao comportamento dos gases que formulou Charles no 1787 e, independentemente, Gay-Lussac no 1802. Establece que, a unha presión constante, o volume que ocupa calquera gas perfecto é proporcional á súa temperatura absoluta. Tamén recibe o nome de Lei de Charles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e químico francés. Estudiou na Escola Politécnica de París. Axudante de Berthollet, interesouse dende moi novo polo estudo físico dos gases (dilatación, relacións volumétricas nas súas combinacións, etc) o que o levou á dedución da lei de Gay-Lussac, relativa ao comportamento dos mesmos. Foi profesor de química na Sorbonne e de física na Escola Politécnica. Ademais traballou no Museo de Histora Natural de París. En colaboración con Alexander von Humboldt deduciu a composición da auga, fixo posible a obtención por electrólise das grandes cantidades de sodio e potasio que necesitaba a Francia militarizada de Napoleón. Realizou importantes investigacións sobre o cloro, o boro, o iodo e o cianóxeno (CN-CN) e construíu o barómetro a sifón que leva o seu nome, e máis tarde un alcoholímetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbonato hidratado de calcio e de sodio, CaNa2(CO3)25H2O. Mineral que cristaliza no sistema monoclínico. A súa dureza é de 2,5 e a densidade de 1,99.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das iridáceas, que se caracterizan por presentar follas basais reducidas a vaíñas, e algunhas caulinas e flores en espiga. En Galicia está presente na metade S a especie Gladiolus illyricus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Exerceu como director e administrador do periódico Montevideo Noticioso, e colaborou en El Correo Español, La Aurora de Buenos Aires e La Unión Gallega. Foi presidente do Centro Galego e da Sociedad Española de Socorros Mutuos, e fundou a agrupación Circo d’as Monteiras (1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da familia cortinariáceas, que se atopan en grandes grupos sobre troncos de coníferas e caducifolias. Presenta especies velenosas que conteñen toxinas con efectos alucinóxenos e sedantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias da orde das eubacteriais que comprende bacterias en forma de bacilo xeralmente inmóbiles, Gram-negativas, obrigatoriamente parasitos, que necesitan nos seus cultivos diversos factores de crecemento moi especializados (hemina, fosfopiridina-nucleótido ou glícidos non fermentados). Parasitan as mucosas respiratorias e a conxuntiva. Cómpre destacar H. influenzae, que provoca afeccións con bronquite, pneumonía, meninxite ou conxuntivite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles, da familia dos xecónidos, ao que pertence a salamántiga rosada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de ruminantes que pertence á familia dos cérvidos. Presentan formas robustas, cornos de dúas puntas nos machos e pelaxe curta, espesa e áspera. Habitan en América do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das canabáceas, de talos gabeadores e flores agrupadas en influorescencias pendurantes. En Galicia está presente na beira dos ríos a especie H. lupulus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos ammodítidos, ao que pertence o bolo común.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Error de percepción, de xuízo ou de razoamento provocado por unha aparencia.

      2. Error de intrepretación dun dato ou contido sensible ou mental.

      1. Esperanza sen fundamento real.

      2. Entusiasmo ou alegría que se experimenta coa esperanza ou realización dalgunha cousa agradable.

    1. Recoñecemento subxectivo da estabilidade do valor do diñeiro sen ter en conta as variacións do seu poder adquisitivo. Considérase que unha unidade monetaria, ao manter un prezo fixo, conserva tamén o valor ao longo do tempo, pero esta aparencia agocha os efectos das variacións dos prezos dos outros bens.

    2. Fenómeno óptico consistente nunha percepción errónea das formas e as dimensións dun obxecto, debido á mala interpretación das imaxes que chegan aos ollos.

    VER O DETALLE DO TERMO